Vigo, Galicia
Vigo

Finca Matías, entre Travesía de Vigo y la calle Aragón, contará con cuestas mecánicas

Concello continúa dando pasos para a construción do gran macroparque infantil de Finca Matías, que pasou esta xoves por Xunta de Goberno Local.

A remodelación do parque infantil Finca Matías contará cun importe de 3.248.743€, que dará lugar a unha nova zona de ocio na cidade. O parque será unha zona verde con novas áreas de xardín, céspede, pantallas vexetais e plantación de novo arborado. O parque terá novas zonas de encontro, que contarán con novo mobiliario urbano. Tamén se renovarán todos as redes de subministros e haberá novas luminarias de alta eficiencia enerxética.

O Concello que “esta no proceso de contratación do proxecto das ramplas mecánicas entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón”. A zona na actualidade dispón dunhas escaleiras cunha elevada pendente lonxitudinal que dificultan o tránsito.

Parque Nelson Mandela

Tamén recibiu luz verde na Xunta de Goberno Local o proxecto de obras do muro de contención no parque Nelson Mandela en Navia que ten un orzamento de 513.273 euros. O goberno local construirá unha bancada para integrar a parte superior do parque coa vía pública e, adicionalmente, na unión entre as bancadas e o novo muro, ergueranse unhas novas escaleiras que permitan o acceso peonil á parte superior do parque.

Tal e como explicou o rexedor, o Concello executou xa a primeira fase da mellora do parque Nelson Mandela de Navia, cun investimento de 1,5 millóns de euros e “xa estamos a punto de concluír a humanización da rúa Teixugueiras”.

Deja una respuesta

Hide picture