Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

Fernández-Tapias destaca la apuesta de la junta por la transformación digital del sector cultural en Vigo y la colaboración con galaxia para crear un departamento de I+D+I y una nueva línea de impresión bajo demanda

A delegada da Xunta en Vigo visitou as instalacións da editorial viguesa e coñeceu de primeira man o proxecto que pretende abaratar a creación e edición de publicacións

O importe total das subvencións para a mellora da capacidade de innovación das empresas na área de Vigo ascendeu a un total de 475.829 euros.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este mércores as instalacións da Editorial Galicia para coñecer de primeira man o novo proxecto que conta co apoio da Axencia Galega de Innovación para a transformación dixital do sector cultural na área metropolitana.

Os responsables da editorial viguesa explicaron á representante autonómica a iniciativa que xa está en marcha para crear un departamento de I+D+i e integrar unha nova liña de negocio de “impresión baixo demanda” co obxectivo de abaratar a creación e edición de publicacións. Ademais, explicaron na súa sede da Avenida de Madrid os planes de futuro para dixitalizar a histórica e recoñecida firma coa incorporación de novas tecnoloxías.

Así, gracias ás axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas da Axencia Galega de Innovación, a Editorial Galaxia recibiu no programa Innova Peme de este ano 2022 un total de 83.054 euros para poñer en funcionamento o seus proxectos.

O importe total das subvencións para a mellora da capacidade de innovación das empresas na área de Vigo, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, ascendeu a un total de 475.829 euros.

Ademais de Galaxia, dentro do mesmo programa recibiron achegas outras dúas empresas de Vigo (Cismedia Formación e Vicus Desasrrollos Tecnológicos), dúas máis radicadas en Mos (Zeltener e Goycar Galicia), unha en O Porriño (Alumisel), unha en Pazos de Borbén (Algas Atlánticas Algamar) e unha en Salceda de Caselas (Granitos del Louro).

Deja una respuesta