Vigo, Galicia
General Vigo

Fernández-Tapias anima a la ciudadanía a participar cómo voluntarios en la gran recogida del Banco de Alimentos

A delegada territorial da Xunta en Vigo realizou este xoves unha visita ás instalacións da ONG na Avenida do Alcalde Lavadores

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este xoves ás instalacións do Banco de Alimentos onde xa preparan a Gran Recollida dos días 25 e 26 de novembro en toda a provincia. A representante autonómica animou á cidadanía a participar como voluntarios na iniciativa solidaria.

“Son necesarias 2.000 persoas, en Vigo entre 1.200 e 1.300, polo que pido a todo á cidadanía que colabore para alcanzar os obxectivos e poder encher de novo a despensa do Banco de Alimentos”, sinalou. Fernández-Tapias, que tamén participará como voluntaria na Gran Recollida, realizou un percorrido polos almacénes e oficinas acompañada polo presidente e o vicepresidente da organización, Iván Martínez e Polo Quinteiro, respectivamente.

Ademais, destacou a importante labor que realiza a ONG nestes momentos. “No actual contexto económico toda axuda será boa e a organización intentará achegarse aos 300.000 kilos de alimentos, unha cifra similar aos anos prepandémicos”, apuntou a delegada territorial.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu máis de 2 millóns de quilos de alimentos durante 2021. No primeiro trimestre deste 2022 entregou xa 850.000 quilos de alimentos e grazas a distintos convenios de colaboración en vigor con varias cadeas de alimentación, ao longo do ano pasado, evitou que preto de 190.000 quilos de alimentos acabasen no lixo.

Os responsables do Banco de Alimentos sinalaron que se logran superar a cifra alcanzada o ano pasado, que foron 250.000 quilos de comida, estarían garantindo o abastecemento de alimentos básicos tanto ao almacén de Lavadores como á nave coa que contan en Pontevedra, polo menos, ata a primavera de 2023.

Deja una respuesta