Vigo, Galicia
Vigo

Feijoo avanza Con una aportación de mas de 40 millones para nuevos proyectos para Vigo como La Rehabilitación De Los Juzgados de la Rúa Lalín, El Nuevo IES de Navia y la Humanización de La Fachada Marítima

Entre as actuacións relacionadas co Xacobeo 21-22, anuncia o desenvolvemento da Ruta Iacobus Maris 2022 que, cunha duración de catro semanas, partirá do porto italiano de Xénova para rematar en Vigo e, desde aí, continuar a pé ata Santiago

Destaca un investimento de máis de 6 millóns de euros nas Cíes e no resto do Parque Nacional das Illas Atlánticas para, entre outras cousas, velar pola súa biodiversidade, mellorar o ciclo da auga nos arquipélagos e modernizar infraestruturas e servizos

Resalta un orzamento de 460.000 euros para a instalación dun sistema de iluminación exterior para a Cidade da Xustiza, que será inaugurada o 24 de maio

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, cun investimento de máis de 40 millóns de euros, novos proxectos para Vigo, como a rehabilitación dos xulgados da rúa Lalín, o novo IES de Navia e a humanización da fachada marítima da cidade.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que a Administración autonómica colaborará co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para desenvolver o concurso de ideas sobre os novos usos para os xulgados da rúa Lalín.

Co obxectivo de que na primeira metade de 2023 se inicie o contrato de obra, Feijóo explicou que a actuación busca habilitar locais na planta baixa, primeira e quinta do edificio; a posibilidade de trasladar dependencias administrativas da Xunta que están en oficinas alugadas; e a opción de estender os traballos aos sotos e poñer a disposición espazos para as entidades sociais. “É dicir, en total poderán habilitarse ata 134 espazos”, dixo, subliñando que o orzamento previsto para dar unha nova vida aos xulgados ascende aos 12,5 millóns de euros.

Humanización da avenida Beiramar e senda peonil e ciclista no Berbés

En materia de infraestruturas, o titular do Goberno galego destacou unha achega de 3,5 millóns de euros para a humanización da avenida de Galicia para facela máis accesible aos peóns e mellorar tamén o paso do transporte público. Ademais dun investimento de 4,5 millóns para levar a cabo a humanización da avenida Beiramar e a execución dunha senda peonil e ciclista no Berbés.

“E executaranse catro aparcamentos disuasorios con 320 prazas nas contornas da vía de altas prestacións do Val Miñor en Nigrán; dous na contorna da autovía do Morrazo; e na estrada PO-551 en Domaio, onde se ampliará o existente -1,6M€-; así como a mellora de 198 paradas de autobús interurbano, para o que se destinarán 6 millóns de euros”, engadiu, recordando, tamén, que a

estación de autobuses intermodal de Vigo estará rematada nas vindeiras semanas para a súa posta en servizo cando o Concello finalice os accesos.

No eido educativo, Feijóo asegurou que a Xunta remitirá de inmediato ao Concello o convenio de colaboración para levar a cabo a construción do novo IES de Navia que, cunha achega de 12 millóns de euros, terá capacidade para 700 alumnos.

En relación á Sanidade, o presidente autonómico salientou un orzamento de 5,7 millóns co obxectivo de reforzar espazos no Hospital público Álvaro Cunqueiro, con cinco unidades novas nas áreas de saúde mental, cardioloxía, hospitalización a domicilio, anatomía patolóxica e enfermidades raras-; e dotar de novo equipamento as áreas de uroloxía e cirurxía toráfica, a nova sala de intervencionismo e endoscopia avanzada e o novo servizo de cirurxía maxilofacial.

Durante a rolda de prensa, o responsable do Executivo galego recordou que en 2021 inxectáronse máis de 17 millóns nos catorce concellos da área de Vigo para apoiar ao sector turístico e potenciar a súa reactivación. E, ademais dos preto de 8 millóns que a área de Vigo recibiu entre 2019 e 2021 para distintas actuacións relacionadas co Xacobeo 21-22, anunciou a colaboración coa Fundación Traslatio para o desenvolvemento da Ruta Iacobus Maris 2022 que, cunha duración de catro semanas, partirá do porto italiano de Xénova para rematar en Vigo e, desde aí, continuar a pé ata Santiago.

Así mesmo, o turismo terá tamén protagonismo no Plan de actividades da AECT para este 2022, co desenvolvemento do programa Facendo Caminho, con fin de difundir os camiños, presentar as bases para o plan director das rutas xacobeas portuguesas a Compostela e facer un estudo sobre o impacto dos Camiños portugueses a Santiago.

Sobre as Cíes e o resto do Parque Nacional das Illas Atlánticas, Feijóo anunciou un investimento de máis de 6 millóns de euros para, entre outras cousas, velar pola súa biodiversidade, mellorar o ciclo da auga nos arquipélagos e modernizar infraestruturas e servizos. E, no eido do deporte, resaltou que a Xunta participará na renovación das pistas de atletismo de Balaídos, cunha achega de 3 millóns de euros.

Un investimento de 28,7M€ na construción das 207 VPP da primeira fase de Navia

En materia de vivenda, Feijóo confirmou que a Administración autonómica recibiu un total de 15 ofertas para a contratación do servizo de redacción de proxecto e dirección de obra para a construción de 79 vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais na ampliación de San Paio de Navia, en Vigo.

Deja una respuesta