Vigo, Galicia
General Portada

Feijóo afirma que Navalia 2022 será el gran evento para lo naval en la etapa Postpandemia, que constatará el presente y el futuro del sector gallego

  • Incide en que eventos como Navalia son un importante escaparate para mostrar ao mundo o potencial do naval galego, cuxos datos provisionais do terceiro trimestre apuntan que a carteira de pedidos elevarase ata os 17 buques por valor de 750M€
  • ¾ Afirma que a Xunta seguirá acompañando ao sector e incide en que para seguir competindo coa industria naval europea é importante que dentro dos fondos Next Generation exista un PERTE específico para o sector naval, como se ten anunciado para a automoción e para o sector agroalimentario

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que Navalia 2022 será o gran evento para o naval na etapa postpandemia, que constatará o presente e o futuro do sector galego.

Nesta liña, referiuse á constitución esta mañá do comité executivo desta feira como un sinal máis de que a normalidade vai gañando terreo á pandemia. “Estamos a falar dun evento consolidado como a primeira feira destas características en España e unha das tres mellores de Europa”, dixo, subliñando que a cita volverá convocarnos de novo no mes de maio do 2022, baixo unhas perspectivas máis que positivas ante o feito de que o 80% dos expositores da edición 2020 -que non se celebrou pola covid- renovarán a súa aposta por este evento.

O titular da Xunta incidiu en que eventos como Navalia son un importante escaparate para mostrar ao mundo o potencial do naval galego, cuxos datos provisionais do terceiro trimestre apuntan que a carteira de pedidos elevarase ata os 17 buques por valor de 750 millóns de euros; así como a capacidade do sector para acometer proxectos de alto valor engadido e gran complexidade técnica. Non en van, o 10% dos buques oceanográficos executados nos últimos cinco anos fixéronse en Galicia.

Sobre este punto, afirmou que a Xunta seguirá acompañando á esta industria, referíndose á liña posta en marcha desde 2019 para financiar a empresas auxiliares do sector, co fin de aliviar as tensións financeiras derivadas dos retrasos nos pagos nos estaleiros, e que ata o momento leva concedidas 22 operacións por valor de preto de 13 millóns de euros. Ademais dos programas de

formación, con cursos que teñen beneficiado a 6.300 alumnos, e dos proxectos levados a cabo nas Unidades Mixtas e na Fábrica Intelixente, que permitiron mobilizar un total de 46 millóns de euros.

O titular do Executivo autonómico aproveitou a reunión para demandar a implicación de todas as Administracións cun sector industrial estratéxico para Galicia, incidindo en que para seguir competindo coa industria naval europea é importante que dentro dos fondos Next Generation exista un PERTE específico para o sector naval, como se ten anunciado para a automoción e para o sector agroalimentario.

Deja una respuesta