Vigo, Galicia
Sucesos Vigo

Fallece la pantera «Kabul» en el VigoZoo

VigoZoo lamenta o falecemento este venres da pantera
“Kabul” logo do agravamento do seu estado de saúde, que motivou a aplicación da
eutanasia, seguindo o criterio do veterinario.
Kabul era un dos animais máis lonxevos do parque, chegou o 19 de maio de 2006,
procedente dun decomiso de especies ameazadas realizado en Andalucía. A emblemática
pantera (tamén chamada leopardo melánico) tiña 21 anos e padecía unha enfermidade
dexenerativa que a ía imposibilitando cada vez máis. O seu estado empeorou nesta última
etapa dado que a anorexia que padecía impedíalle tomar o tratamento prescrito para aliviar
os síntomas da enfermidade. As últimas analíticas que se lle practicaron amosaban tamén
signos de fallo renal que agravaron máis o seu deterioro.
Ante esta situación, en atención ao punto 5 do artigo 15 da Lei 4/2017, de 3 de outubro, de
protección e benestar de animais de compañía en Galicia, o veterinario de VigoZoo decidiu
aplicarlle a citada eutanasia. A finalidade foi preservar o benestar do animal e evitarlle un
sufrimento grave e irremediable.

Deja una respuesta

Hide picture