A concellería de Medio Ambiente quere amosar o seu pesar polo falecemento do oso Carmo. Aos 21 anos, faleceu esta tarde tras
serlle practicada unha eutanasia humanitaria no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo, centro de referencia na atención da fauna salvaxe.
Tal e como informamos o pasado 12 de setembro o estado de saúde do oso fixo necesarias máis probas diagnósticas co fin de acadar un resultado definitivo. Nos
últimos días, Carmo amosou un empeoramento notable no seu estado de saúde, con perda de apetito, apatía e debilidade. Co obxectivo de garantir o mellor
diagnóstico e tratamento posible, decidiuse o seu traslado ao centro veterinario para realizarlle probas avanzadas coma un TAC e avaliacións complementarias.
Unha vez no hospital e, tal e como recolle o informe realizado polo veterinario de VigoNature, as exploracións confirmaron que Carmo padecía diversas lesións: “un
tumor hepático con metástases peritoneais, líquido no peritoneo, líquido na cavidade torácica, gases nas vías biliares, gases libres no abdome e unha peritonite
xeralizada”
O informe asegura tamén que “o cadro clínico que presenta é de extrema gravidade, sen posibilidade de tratamento nun animal das súas características”.
Debido a este “prognóstico moi grave ou mortal en cuestión de días ou semanas decidiuse practicarlle a eutanasia humanitaria” e evitar así un sufrimento
innecesario.
Carmo chegou á cidade hai dúas décadas e, desde entón, converteuse nun dosgrandes protagonistas do parque. Foi embaixador da súa especie e acompañou a
milleiros de visitantes, especialmente nenos e familias, que descubriron con el a importancia de coñecer, respectar e protexer a natureza.
Durante a súa vida, foi coidado con dedicación e agarimo por un equipo de
profesionais que velaron polo seu benestar a diario. Queremos recoñecer o labor
incansable dos veterinarios e coidadores que estiveron ao seu carón Carmo chegou hai vinte anos á cidade e converteuse nun dos principais embaixadores da súa especie, sendo un referente para milleiros de visitantes. Durante toda a súa vida foi coidado con dedicación por un equipo profesional ao que se lle recoñece o seu labor incansable
Destacado
Vigo
Fallece el oso Carmo, símbolo del parque de Vigo, a los 21 años tras una eutanasia humanitaria en Lugo
- septiembre 26, 2025
- 0 Comentarios
- hace 5 meses
