Vigo, Galicia
General Vigo

En lo que va de fin de semana la Policía local impuso 126 denuncias por la normativa Covid

A Policía Local de Vigo, desde as 06:30 horas do pasado sábado ata as 06:30 horas deste domingo, impuxo un total de 126 denuncias por motivos relacionados coa normativa sanitaria Covid en vigor e realizou 143 controis a vehículos. Do total de sancións tramitadas 35 foron por non levar a máscara facial obrigatoria, 33 por exceder na rúa o horario de toque de queda fixado ás 22 horas, 25 sancións en domicilios a persoas non conviventes, 11 responden á vulneración do peche perimetral decretado para Vigo, 3 por fumar nas rúas sen respectar a distancia e 4 foron impostas a locais por incumprir a normativa vixente, un deles unha superficie comercial na Florida ao exceder o aforo no interior e outro por exceso de aforo na terraza. Por outra banda, a Policía Local denunciou a unha persoa por desobediencia, ao negarse a ser identificada, e foron denunciadas 14 persoas que estaban consumindo alcol na vía pública, na baixada á praia de Roade, nunha reunión na que se excedía o máximo permitido. No ámbito da política social, nestes momentos o Concello ten aloxadas a 129 persoas: 38 no albergue municipal, 12 na Fundación Santa Cruz e 79 en hostais e hoteis da cidade. Na noite do sábado, trasladáronse 9 persoas a hostais e na noite deste domingo foron 3 as persoas derivadas. Hai, arestora, 10 establecementos hoteleiros que colaboran co Concello para poder ofrecer este aloxamento

Deja una respuesta

Hide picture