Vigo, Galicia
General Vigo

El Vecindario se concentra para denunciar, la falta de personal de la oficina de los servicios sociales de Teis.

A veciñanza de Teis, concentrouse está mañá novamente diante da oficina dos servizos sociais de Teis, convocados pola Asociación Veciñal de Teis, o foro socio educativo “ Os Ninguéns “, e a oficina dos dereitos Sociais de Coia, ODS Coia, para denunciar  a falta de persoal desta oficina e o funcionamento baixo mínimos desta oficina desde hai  meses.

Despois de 4 meses a oficina dos servizos sociais de Teis, segue funcionando baixo mínimos, pola falta de persoal. Esta pechada media semana (xoves e venres) ao carecer de persoal ( administrativo e bedel).

Está falta de persoal administrativo provoca ademais que o resto da semana, a dúas traballadoras sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade.

A todo isto engadir que a técnica de inclusión, que atendía nesta oficina, ao  estar pechada os xoves e o venres, ten que derivar a veciñanza para o Concello.

Está situación provoca unha mingua dos servizos sociais en Teis, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais ( risga, axudas de emerxencia, pensións non contributivas,…)

Ambas entidades dirixímonos ao longo destes meses a concellaría de servizos sociais, denunciando está situación, sen recibir ningún tipo de solución até o de agora.

Consideramos que é unha prioridade uns bos servizos sociais e esiximos da Concelleira de servizos sociais e do Alcalde, unha solución inmediata, que pasa por dotar a esta oficina de todo o persoal administrativo necesario e de aumentar as traballadoras sociais.

Deja una respuesta

Hide picture