Vigo, Galicia
Uncategorized Vigo

El servicio especial de transporte urbano «Vitrasa» a las playas comienza el domingo 23 de junio

O inicio deste servizo, que estará vixente “ata o mes de setembro”, con “nove liñas que conectan o centro cos areais”. Tamén salientou o servizo especial, “tanto diúrno como nocturno”, para o día de San Xoan.

O vindeiro, domingo 23 de xuño, poñerase en marcha o servizo especial de transporte urbano ás praias de Vigo. Como sinalou Caballero, “en total, haberá 9 liñas que conectan Vigo con todos os areais”.

As liñas C3, 4C e 23 amplían o seu percorrido todos os días dá semana, mantendo tamén as 6 liñas que conectan Vigo coas praias todo o ano: 10, 11, 12A, 15A, 15B e 15C. Ademais, destacou que, “nas horas punta refórzase o servizo para facilitar a mobilidade aos areais”.

Caballero estableceu o funcionamento especial “ata o mes de setembro”, recordando que “coa PassVigo os usuarios poderán realizar ata 2 transbordos gratuítos en 45 minutos”, podendo chegar desde calquera punto de Vigo ás praias.

San Xoán

O alcalde tamén informou que, con motivo da celebración do San Xoán, o domingo 23 de xuño, realizarase un servizo especial do transporte urbano, “tanto diúrno como nocturno”.

Dende as 19 horas da tarde, todas as liñas regulares que chegan ao areal de Samil dispoñerán dun reforzo:

  • Os autobuses con parada en Choróns terá unha frecuencia de 8 minutos: Liñas C3D – L4C – L15A – L15C e L23
  • Os autobuses con parada en Policarpo Sanz terán unha frecuencia de 20 minutos: Liñas C3I – L15C
  • Os autobuses con parada en Praza América terán unha frecuencia de 12 minutos. Liñas C3D – L4C – L10 – L15A

A maiores, o servizo nocturno da Liña N1, que cobre a ruta circular con saída e chegada a Samil, contará con máis frecuencias, con autobuses cada 25 minutos.

Deja una respuesta