- O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria pública pola que se nomea aos xefes de servizo de A Doblada, Pintor Colmeiro, Matamá e Porriño
- Tamén noméase á xefa de Unidade de Salceda e 2 coordinadores de enfermaría, de A Doblada e Redondela
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefe/a de servizo de Atención primaria.
Neste senso, os novos xefes de servizo de Atención Primaria nomeados son as doutoras Marta Delfín no servizo de A Doblada; Mª Rosa Rodríguez, en Pintor Colmeiro; Ángeles Charle, en Porriño; e o doutor Leopoldo García, en Matamá.
Así mesmo, tamén nomeouse á xefa da Unidade de Salceda, a doutora Cristina Pinín; e 2 coordinadores de Enfermaría, Felicidad Pérez en A Doblada e Ramón Lagos en Redondela.
Os novos nomeamentos enmárcanse no proceso de resolución dos procedementos para renovar as xefaturas de servizo vacantes nos centros de saúde da área sanitaria.
A Xerencia da Área Sanitaria quere agradecer o compromiso destes profesionais coa mellora de atención primaria.
