Vigo, Galicia
Política

El pueblo de Mos alza su voz contra lo nuevo trazado de la A-52 y por la liberación del peaje de la AP-9.

Á convocatoria tamén acudiron veciños e veciñas de parroquias Viguesas, principalmente de Bembrive, gravemente afectada pola proposta do Ministerio.

Centos de veciños e veciñas de Mos e Vigo saíron hoxe ás rúas no termo municipal de Mos para manifestar o seu rexeitamento ao novo trazado da autovía A-52 e esixir a liberación inmediata da peaxe da AP-9 no tramo Puxeiros – O Porriño.

A marcha, convocada pola plataforma cidadá DefendeMos e apoiada polo Concello de Mos, percorreu puntos estratéxicos do municipio, como a Avenida de Sanguiñeda, a rotonda do Costilleta ou a rotonda das Angustias, logrando visibilizar unha contundente oposición veciñal a un proxecto que consideran lesivo para o territorio e insuficiente para resolver os problemas de tráfico e alta sinistralidade da A-55.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presente na manifestación, declarou: “Hoxe Mos falou alto e claro. Non permitiremos que se impulsen infraestruturas que sigan destruíndo o noso territorio sen achegar solucións reais e sen falar previamente con nos. O novo trazado da A-52 afecta a centos de familias, paraliza o desenvolvemento de cinco solos urbanizables e supón a demolición de naves con actividade económica. Ademais, non resolve a problemática da A-55, xa que carece de conexións co noso municipio e non reducirá o tráfico pesado que soportamos diariamente.”

Arévalo, quen levou persoalmente esta iniciativa ao Senado de España, tamén quixo insistir na necesidade de liberar a peaxe da AP-9 como medida inmediata: “Temos unha autoestrada infrautilizada ao noso carón. A gratuidade da AP-9 entre Puxeiros e O Porriño é unha solución sinxela, inmediata e menos lesiva para o territorio. Mentres o Ministerio de Transportes insiste nun proxecto que non será realidade ata, como mínimo, 2030, a veciñanza de Mos seguirá sufrindo os perigos da A-55, unha das autovías máis perigosas de Galicia.”

A manifestación contou coa participación de representantes de diversas parroquias do municipio, así como de asociacións veciñais e colectivos afectados polo novo trazado, e tamén veciñanza do municipio de Vigo, principalmente das parroquias, con especial intensidade de Bembrive, directamente afectada.

O Concello de Mos, reitera o seu compromiso de apoiar á veciñanza na defensa dos seus intereses, unha veciñanza que foi capaz de presentar máis de 30.000 alegacións contra este proxecto.

El pueblo de Mostencia su voz contra el nuevo trazado de la A-52 y por la liberación del peaje de la AP-9.
El pueblo de Mostencia su voz contra el nuevo trazado de la A-52 y por la liberación del peaje de la AP-9.

Deja una respuesta

Hide picture