Vigo, Galicia
Galicia General Política

El PPdeG pedirá en el Parlamento que el Gobierno central tome las medidas necesarias “para minimizar el impacto negativo de la Ley del ‘solo sí es sí’ en las víctimas de violencia sexual

Paula Prado afirmou así mesmo que “a loita das mulleres ten que ser integral e contar co conxunto da sociedade e especialmente cos representantes políticos” e por iso deu o seu compromiso de que o PPdeG “incluirá en todos os seus programas electorais das vindeiras eleccións municipais un apartado específico para igualdade e para loitar contra a violencia de xénero”

Alfonso Rueda: “Este partido foi o primeiro en implantar un Plan de igualdade e en crear unha Consellería de Igualdade. Somos o partido que traballa da man das galegas para conseguir unha Galicia en igualdade

O Partido Popular de Galicia presentará no Parlamento de Galicia unha iniciativa para instar ao Goberno de España a que adopte as medidas necesarias “para minimizar o impacto negativo da Lei do ‘só si é si’ nas vítimas de violencia sexual” porque “o 25-N debe servir para que o Goberno rectifique e se comprometa a asegurar que ningún agresor cumpra unha pena inferior á que tiña antes da entrada en vigor da súa chapuceira lei”.

Así o anunciou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, no acto organizado polo partido en Santiago de Compostela para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero e que contou coa presenza, entre outros, de María Jesús Lorenzana, Fabiola García, Rosa Quintana, Elena Candia, Susana López Abella e Miguel Santalices.

Prado cualificou a xornada como “un día de reivindicación pero sobre todo de lembranza de todas e cada unha das vítimas de violencia machista que nunca deberon ser asasinadas” e “un día para lembrar que nesta loita queda moito camiño

por percorrer”, concluíndo: “Debemos seguir traballando para que o 25-N deixe algún día de conmemorarse”.

Afirmou así mesmo que “a loita das mulleres ten que ser integral e contar co conxunto da sociedade e especialmente cos representantes políticos” e por iso deu o seu compromiso de que o PPdeG “incluirá en todos os seus programas electorais das vindeiras eleccións municipais un apartado específico para igualdade e para loitar contra a violencia de xénero”.

Neste sentido reivindicou que o Partido Popular de Galicia “é o partido que mellor representa a igualdade real con medidas e non con globos sonda, con firmeza e non con vaivéns, con coherencia e nunca con demagoxia”. Poñendo en valor o labor “encomiable” do Goberno galego neste eido.

Paula Prado contrapuxo esta actitude coa do Goberno central a súa “chapuza lexislativa”, en referencia á Lei do ‘só si é si’, volvendo pedir que “rectifique e se comprometa a asegurar que ningún agresor cumpra unha pena inferior á que tiña antes da entrada en vigor desta norma aprobada sen consenso, de forma soberbia e desatendendo todas as advertencias”.

Acto seguido afeoulle ao BNG que “recorra á mentira é a calumnia para ocultar a súa implicación e complicidade con esta Lei que votaron a favor”, o que lle serviu para concluír: “O independentismo galego e o socialismo non están para dar leccións a ninguén sobre feminismo e igualdade”.

RUEDA: “NINGUÉN SE DEBE APROPIAR DUNHA CAUSA DE TODOS”

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, tamén estivo presente no acto a través dun vídeo no que dixo “basta xa de violencia contra as mulleres, basta xa de agresores e basta xa de estereotipos e fendas que nos impiden aínda alcanzar a igualdade efectiva”.

Reafirmou neste sentido que desde o PPdeG seguirase traballando “para acadar unha sociedade sen brechas de xénero e onde as mulleres poidan ser, vivir e decidir exactamente como queiran”; reivindicando que a loita pola igualdade real entre homes e mulleres “non é nada novo” para a formación: “Ninguén se debe apropiar dunha causa de todos nin nos ten que dar leccións. A nós, desde logo, non”.

“Este partido foi o primeiro en implantar un Plan de igualdade e o primeiro en crear unha Consellería de Igualdade. Somos o partido que traballa da man das galegas para conseguir unha Galicia en igualdade”, engadiu.

Alfonso Rueda afirmou así mesmo que “para lograr a igualdade sempre valen máis os feitos que as proclamas” e por iso puxo en valor o “compromiso constante” do Partido Popular “coas vítimas de violencia de xénero, ás que ofrece apoio para abandonar o pesadelo do que son reféns”. Así como as actuacións do Goberno galego en materia de emprego, emprendemento, conciliación e educación”.

O líder dos populares galegos concluíu que “aínda queda moito por avanzar” e que “mentres a Galicia sen fendas que desexamos non sexa unha realidade, o PPdeG seguirá dando todo de si para que as nenas de hoxe e de mañá vivan en igualdade”.

A VIOLENCIA DE XÉNERO DENDE UN ENFOQUE MULTIDISCIPLINAR

O acto, baixo o lema Somos Igualdade, acolleu a celebración dunha mesa redonda baixo o título A violencia de xénero dende un enfoque multidisciplinar, moderada pola vicesecretaria de Igualdade do PPdeG, Raquel Touriño.

Nesta mesa interviñeron e compartiron as súas experiencias diferentes expertas no eido da igualdade e da loita contra a violencia de xénero. Entre elas Begoña Riveira, asesora xurídica dos Centros de Información ás Mulleres de Coirós e de Arzúa; a psicóloga Ana Abad e a avogada especializada en violencia de xénero Sabela Fole.

Esta mesa contou tamén coa participación da deputada galega Marta González, que foi secretaria xeral de Igualdade entre 2009-2011 e participou como relatora do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Foi tamén quen advertiu das consecuencias negativas que podía ter da Lei do ‘só si é si’ durante a súa tramitación parlamentaria.

María Jesús Lorenzana foi a encargada de pechar o acto, reivindicando “o firme compromiso do Goberno galego coa erradicación de calquera tipo de discriminación e violencia contra ás mulleres na nosa sociedade”. Porque, tal e como asegurou: “A violencia non é un asunto ideolóxico, senón un problema estrutural que está presente en calquera ámbito e de múltiples formas”.

Deja una respuesta