Vigo, Galicia
Vigo

El PP de Vigo reclamará en el pleno la destitución inmediata del concejal de Fomento ante el “posible adecentamiento” del contrato del transporte del bus urbano

  • Luisa Sánchez anuncia que o seu grupo pedirá tamén a comparecencia do alcalde e ter acceso ao informe de Competencia e ao expediente municipal: “Non poden seguir ocultando esa información á cidade”
  • · “Levamos dous días sen explicacións a pesar das sospeitas en torno ao maior contrato da historia da cidade, de 470 millóns, e a incerteza con respecto ao futuro do bus municipal”, apuntou a presidenta popular

A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, vén de anunciar que a súa formación esixirá no pleno municipal do vindeiro luns a destitución do concelleiro de Fomento, Servizos e Deportes, Javier Pardo, tras coñecerse as informacións relativas ao informe da Comisión Galega de Competencia que confirman as sospeitas de prácticas irregulares e dun posible amaño na licitación do novo contrato do bus urbano de Vigo. “Abel Caballero debe destituílo de forma inmediata pola súa responsabilidade política na opacidade e xestión da licitación do transporte urbano de Vigo”, afirmou.

Un concelleiro que, precisou, tamén é responsable da perda de 3,5 millóns de euros por non pedir as subvencións estatais para o transporte público e que tamén ten outros dos millóns de euros “pendendo dun fío”.

A líder do PP vigués aseverou que xa pasaron dous días dende que os medios de comunicación publicasen o informe do Instituto Galego de Consumo e da Competencia que “apunta a un posible amaño no novo contrato do transporte público municipal”.

“Levamos dous días sen explicacións por parte do goberno municipal nin de Abel Caballero a pesar das sospeitas sobre o maior contrato da historia da cidade, de 470 millóns, e a incerteza con respecto ao futuro do bus municipal, cunha licitación que leva dous meses suspendida e cun contrato que expira o 30 de xuño”, lembrou.

Luisa Sánchez insistiu en que “non se pode consentir o silencio” do goberno local e anunciou que no pleno do vindeiro luns, ademais de pedir a destitución inmediata de

Javier Pardo, reclamará que o alcalde socialista “compareza inmediatamente para dar explicacións á cidadanía” por este grave asunto.

En concreto, Caballero debe aclarar as medidas xurídicas e administrativas que adoptará o Concello de Vigo ante o “inquietante informe” da Comisión Galega da Competencia que confirma os indicios de prácticas colusorias detectados no proceso de licitación, tal e como adiantou o PP de Vigo fai varias semanas, tras coñecerse que o procedemento foi suspendido o 28 de setembro.

ACCESO AO INFORME DE COMPETENCIA E AO EXPEDIENTE

Na moción, engadiu Luisa Sánchez, o seu grupo reclamará unha vez máis acceso ao devandito informe de Competencia e ao expediente administrativo. “O goberno local non pode seguir ocultando esa información á cidade baixo a escusa da confidencialidade agora que xa son públicos os datos que apuntan a un posible pacto irregular por parte dalgunhas das empresas que se presentaron ao concurso que, lembramos, está valorado en 470 millóns de euros”, subliñou.

“Prácticas que, por certo, suporían un sobrecusto no contrato de 7 millóns de euros á cidade que, non esquezamos, sairían do peto de todos os vigueses”, aseverou.

Deja una respuesta