● Os populares cren que as desculpas da rexedora son insuficientes e quea súa xustificación de que foi un erro que está investigando “pretende facernos parvos, porque todo o mundo sabe que foi Dolores Castiñeiraquen ordenou colgar a imaxe trucada nas redes sociais”
● “Foi unha decisión tomada adrede, cun traballo detallado de Photoshop para substituír a Davila por outro concelleiro, que supón un atentado á democracia e á representatividade dos veciños contra o voceiro do grupo máis votado e ten que haber responsabilidades”, din desde o PP
O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas anunciou onte no pleno a ruptura total de relacións institucionais con MS, o partidoque goberna en minoría, e a esixencia de dimisión inmediata da alcaldesa, DoloresCastiñeira, por manipular unha fotografía oficial do Concello para eliminar damesma ao voceiro popular, Santi Davila, e substituílo por un concelleiro do
executivo e proceder a colgala posteriormente nas redes sociais oficiais co gallgo do investimento da Xunta para o saneamento de Cerquido.
Ante esta grave situación, os populares levaron a cuestión ao pleno esixindo adepuración inmediata de responsabilidades políticas e achacando as mesmasdirectamente á rexedora, á que acusaron de desculparse de xeito insuficiente e de
tentar de xustificar estes feitos nun erro que se está investigando. “Non sabemosse nos pretende facer parvos, pero todo o mundo en Salceda sabe que foi DoloresCastiñeira quen deu a orde de trucar a foto para invisibilizar a Santi Davila antes de
colgala nas redes, porque a ningún concelleiro ou traballador se lle ocorre facertremenda cacicada sen o permito da alcaldesa”, advertiron desde o PP.
Os populares engadiron, ademais, que a excusa do erro non cola, posto que afotografía dos membros da corporación diante do Concello foi obxecto dundetallado traballo de Photoshop ou dalgún outro programa de tratamento deimaxes, posto que Santi Davila ocupaba un dos postos centrais da primeira fila efoi eliminado totalmente e, no seu sitio, colocouse, de corpo enteiro e como seocupase ese lugar, outro concelleiro do goberno local.
“Foi unha decisión tomada adrede, cunha orde que todos sabemos de onde saíu por moito que se negue cun traballo específico, e isto supón un atentado moi graveá democracia e á representatividade dos veciños contra o voceiro do grupo máis
votado, de longo, de Salceda, polo que ten que haber responsabilidades”,sinalaron desde o PP, que apelaron aos demais grupos municipais e socios de MS,o PSOE e o BNG, a que actúen en consecuencia “para non ser cómplices dun goberno de mentira que vive da manipulación e da mentira”.
Para o PP de Salceda, esta actuación do goberno de MS demostra que son un“uns ruíns, uns indignos e unhas persoas desautorizadas para falar de respecto xaque só actúan por xenreira, rabia e medo ante o partido político que sempre lles
gaña as eleccións e que fiscaliza unha xestión que está a ser a máis nefasta dahistoria da democracia no noso Concello”.
Por todo iso, os populares cren que a alcaldesa queda “totalmente deslexitimada” edebe renunciar de inmediato ao seu cargo, “posto que é a única responsable destamanipulación feita contra os veciños de Salceda aos que quería enganarburdamente invisibilizando aos seus lexítimos representantes”. Neste senso, desdeo PP engadiron que emprenderán todas as accións que sexan necesarias sobreeste asunto “pola enorme gravidade dos feitos”.

