Vigo, Galicia
Vigo

“El Hospital Álvaro Cunqueiro, único en Galicia con un programa de angioplastia para hipertensión pulmonar, ya ha tratado a 12 pacientes gracias al trabajo de su Unidad Multidisciplinar y la Unidad de Hemodinámica.”

― Trátase da única Unidade de Galicia acreditada para a realización desta técnica para o tratamento dos pacientes con hipertensión pulmonar tromboembólica crónica

― A Unidade, coordinada por especialistas en pneumoloxía e cardioloxía, é referencia e Galicia para esta técnica, que mellora de xeito moi significativo os síntomas e a calidade de vida destos pacientes

― A anxioplastia consiste na introdución, a través dun catéter, dun balón para romper e eliminar os trombos das arterias pulmonares

― Un dos pacientes aos que este ano realizóuselle esta técnica, Francisco Rodríguez, achegouse ao hospital para manifestarlle o seu agradecemento ao equipo de profesionais sanitarios

O hospital Álvaro Cunqueiro é o único de Galicia, e un dos cinco de España, que desenvolve un programa de Anxioplastia para o tratamento da Hipertensión pulmonar tromboembólica crónica. Así, a Área Sanitaria de Vigo xa é referencia en Galicia para a realización deste procedemento.

A Unidade Multidisciplinar de Atención á Hipertensión Pulmonar xunto coa Unidade de Hemodinámica do servizo de Cardioloxía levan tratado con esta técnica -Anxioplastia con balón das arterias pulmonares- a 12 pacientes con HTP tromboembólica crónica.

A técnica consiste na introdución, a través dun catéter, dun balón para romper e eliminar os trombos das arterias. Soamente está indicada naqueles pacientes cun tipo determinado de HTP, a tromboembólica crónica. Trátase dun tratamento complexo que require de 4 a 6 procedementos por paciente .

“Hoxe en día somos o único hospital do noroeste peninsular acreditado para a realización deste tratamento, cuns resultados moi satisfactorios. A anxioplastia é unha alternativa para pacientes que non se poden someter a cirurxía; reduce o risco de mortalidade e os pacientes ven mellorada a súa sintomatoloxía e calidade de vida. A introdución desta técnica no Álvaro Cunqueiro evita que os pacientes teñan que desprazarse a Madrid, ao Hospital 12 de outubro, para a súa realización” -explican os coordinadores da Unidade de Hipertensión Pulmonar, a pneumóloga Maria Castro e o cardiólogo David Dobarro .

Enfermidade rara e grave

A Hipertensión Arterial Pulmonar, incremento de presión nas arteiras pulmonares, é unha patoloxía grave e pouco frecuente, unha das chamadas “enfermidades raras”, polo que a súa atención require dun traballo multisdiciplinar.

Neste senso, a Unidade Multidisciplinar de Atención á Hipertensión Pulmonar está coordinada por especialistas en pneumoloxía e cardioloxía, en colaboración coa Unidade de Hemodinámica; aínda que tamén contan co apoio doutros servizos como radioloxía medicina interna, reumatoloxía, farmacia e así como do persoal de enfermaría da unidade de insuficiencia cardiaca e dos médicos de atención primaria.

Nesta consulta atenden a 150 pacientes anuais de toda Galicia. O síntoma máis común que presentan os pacientes e a dispnea (falta de aire).

A HTP está producida por múltiples causas, aínda que as máis frecuentes son as patoloxías cardíacas e pulmonares. Aínda que existe un tipo de HTP que é curable, na maioría dos casos é unha enfermidade crónica. Sen embargo, a día de hoxe existen moitos tratamentos farmacolóxicos que melloran a calidade de vida e a supervivencia destes pacientes.

Paciente visita ao equipo médico

Francisco Rodríguez é un dos pacientes aos que este ano realizóuselle esta técnica. Ten 51 anos e vive en A Gudiña (Ourense). Francisco achegouse ao hospital coa súa dona para manifestarlle ao equipo médico o seu agradecemento.

Francisco explica que o seu estado de saúde era moi comprometido, que tiña unha gran fatiga, e importantes limitacións para realizar as actividades cotiás. Grazas a esta técnica agora pode levar unha vida normal.

Ademais da profesionalidade do equipo sanitario tamén quere resaltar a humanización e o trato dispensando en todo momento durante a súa estadía hospitalaria; así mesmo quere agradecer tamén publicamente ao servizo de Pneumoloxía de Ourense a coordinación e o apoio para ser derivado a Área Sanitaria de Vigo a recibir este tratamento.

Deja una respuesta

Hide picture