Vigo, Galicia
Vigo

El Hospital Álvaro Cunqueiro lidera la implantación de dispositivos cardíacos como alternativa al trasplante

Trátase de equipos de asistencia ventricular mecánica que permiten prolongar a vida de pacientes con insuficiencia cardíaca avanzada, tanto coma ponte para un transplante como para tratamento definitivo

– O hospital vigués implantou 21 destes dispositivos a desde a posta en marcha do programa, cunha media de catro ou cinco ao ano

– O dispositivo incorpora unha bomba que extrae o sangue do ventrículo esquerdo e o impulsa cara á aorta, contribuíndo a manter a circulación sanguínea

– O cardiólogo David Dobarro salienta o traballo multidisciplinar que require o programa, coa participación de Cirurxía Cardíaca, Cardioloxía, Anestesioloxía e dos equipos de Coidados Críticos

– O paciente Adel Fraiz, portador dun destes dispositivos desde hai tres anos, recuperou autonomía e calidade de vida e realiza de maneira independente boa parte das súas actividades cotiás

Vigo, 12 de outubro de 2026.- O Hospital Álvaro Cunqueiro sitúase entre os tres hospitais de España con maior actividade en asistencia ventricular mecánica como terapia de destino ou tratamento definitivo, unha tecnoloxía que ofrece unha alternativa terapéutica a pacientes con insuficiencia cardíaca avanzada que non responden ao tratamento convencional baseado en tratamentos farmacolóxicos e outras medidas menos invasivas.

Desde a posta en marcha do programa, o centro vigués implantou 21 dispositivos, cunha media de catro ou cinco intervencións anuais, segundo explica o doutor David Dobarro, cardiólogo da Área Sanitaria de Vigo. O dispositivo incorpora unha bomba que extrae o sangue do ventrículo esquerdo e o impulsa cara á aorta, contribuíndo a manter a circulación sanguínea.

A asistencia ventricular mecánica está indicada en pacientes cuxo corazón presenta unha capacidade moi reducida para bombear sangue. O dispositivo axuda á función do ventrículo esquerdo e pode chegar a asumir arredor do 80 % do traballo de bombeo cardíaco. En función da situación clínica de cada persoa, pode utilizarse coma ponte ata un transplante cardíaco ou como tratamento definitivo, cando o transplante non é unha opción viable.

A indicación debe valorarse individualmente, tendo en conta a situación clínica, as posibles contraindicacións e a opción dun posible transplante. No último caso, a asistencia ventricular mecánica pode permitirlles manter a función circulatoria mentres agardan polo transplante ou constituír un tratamento definitivo cando non é posible realizalo.

Un programa baseado no traballo multidisciplinar

O programa do Álvaro Cunqueiro require un importante traballo multidisciplinar e unha atención continuada, que abrangue desde a valoración inicial e a selección dos pacientes ata a intervención cirúrxica, os coidados postoperatorios, a formación e o seguimento a longo prazo.

Tal e como sinala o doutor Dobarro, Cardioloxía participa na selección dos candidatos e no manexo clínico antes e despois da intervención, mentres que a implantación do dispositivo corresponde ao servizo de Cirurxía Cardíaca, coa colaboración de Anestesia e dos equipos de coidados críticos. A coordinación entre os distintos profesionais resulta fundamental nun procedemento de elevada complexidade, que require unha cirurxía cardíaca maior.

A atención non remata coa intervención. Durante o ingreso, os pacientes e as súas familias reciben formación específica para aprender a manexar o dispositivo, conectar e cambiar as baterías, identificar as alarmas e actuar ante posibles incidencias. Antes da alta —a recuperación e a duración do ingreso pode prolongarse varias semanas— o equipo comproba que adquiriron os coñecementos necesarios e facilita as indicacións para os coidados no domicilio.

Tres anos cun dispositivo que lle devolveu a autonomía

Un exemplo da evolución que poden experimentar estes pacientes é o de Adel Fraiz, que leva tres anos cun dispositivo de asistencia ventricular mecánica implantado no Álvaro Cunqueiro. Tras un período inicial de recuperación especialmente esixente, no que precisou axuda para as tarefas cotiás, foi recuperando progresivamente a súa autonomía.

Na actualidade, pode realizar unha vida normal, descansa ben e se ergue con enerxía, aínda que algunhas actividades, como subir costas, lle resultan máis difíciles, considera que o dispositivo lle permitiu recuperar unha vida activa e manter a súa independencia, realizando exercicio diariamente.

O paciente lembra que, nun primeiro momento, lle custou aceptar a implantación e que os primeiros meses posteriores á operación foron complicados. O acompañamento dos profesionais e o apoio da súa familia axudáronlle a afrontar esa etapa. Agora, anima outras persoas que poidan precisar esta terapia a informarse sobre ela.

O dispositivo funciona mediante baterías externas recargables e conta tamén cunha batería interna de reserva que permite manter o funcionamento durante un tempo limitado se a alimentación externa interrómpese. Os pacientes reciben instrucións para organizar os recambios e actuar ante posibles cortes de subministración ou alarmas. Adel explica que, desde a implantación, non tivo avarías no dispositivo e que mantén os controis médicos e as análises periódicas.

El Hospital Álvaro Cunqueiro lidera la implantación de dispositivos cardíacos como alternativa al trasplante
El Hospital Álvaro Cunqueiro lidera la implantación de dispositivos cardíacos como alternativa al trasplante

Deja una respuesta

Hide picture