Vigo, Galicia
Vigo

EL GRUPO PNEUMOVIGO DEL ÁREA SANITARIA DE VIGO PREMIADO POR UN ESTUDIO SOBRE EL DAÑO PULMONAR ASOCIADO AL TABAQUISMO Y A EPOC

— O proxecto VAPEPOC, liderado pola pneumóloga Cristina Represas, en colaboración cun equipo multidisciplinar, analiza o efecto do tabaco e a EPOC nas vías aéreas pequenas mediante probas de función respiratoria, de imaxe e análise de tecido pulmonar

— A Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica é unha obstrución crónica das vías respiratorias que dificulta a respiración aos afectados e que está causada fundamentalmente polo tabaco

— O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo rexistra un millar de ingresos anuais directamente causadas por unha agudización grave da EPOC

.-Con motivo do Día Internacional da EPOC, o servizo de Pneumoloxía da Área Sanitaria de Vigo informou dun proxecto de investigación do grupo PneumoVigo -integrado no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS)- que acaba de recibir varios premios polos seus avances no coñecemento do dano pulmonar asociado ao tabaquismo.

Trátase do proxecto VAPEPOC, liderado pola pneumóloga Cristina Represas en colaboración cun equipo multidisciplinar, que analiza o efecto do tabaco e a EPOC nas vías aéreas pequenas mediante probas de función respiratoria, de imaxe e análise de tecido pulmonar. En concreto, o estudo foi recoñecido este ano en dúas ocasións, no Congreso nacional da especialidade e na Reunión da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria.

O traballo presenta resultados preliminares sobre a afectación das vías aéreas pequenas en pacientes sometidos a unha cirurxía de resección pulmonar. Estas vías son as últimas ramificacións dos bronquios que conducen o aire cara ás rexións máis profundas do pulmón. Poden sufrir lesións asociadas ao tabaco e a outros axentes inhalados, como o fume de biomasa, en ocasións difíciles de identificar coas probas respiratorias habituais. Comprender estes cambios é esencial para investigar como aparece e progresa a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC).

Segundo explica a doutora Represas “os resultados preliminares deste estudo demostran que nas mostras de tecido pulmonar analizadas, as vías aéreas máis pequenas están danadas nunha gran parte dos pacientes con EPOC, mesmo cando a enfermidade aínda é leve, e tamén en pacientes fumadores que aínda non desenvolveron a enfermidade. Se futuras análises confirman que determinadas probas funcionais, de imaxe ou moleculares permiten recoñecer de forma fiable estas alteracións, poderían axudar a identificar pacientes que precisen unha avaliación máis detallada, mellorar o seguimento e orientar estratexias preventivas e terapéuticas máis individualizadas”.

EL GRUPO PNEUMOVIGO DEL ÁREA SANITARIA DE VIGO PREMIADO POR UN ESTUDIO SOBRE EL DAÑO PULMONAR ASOCIADO AL TABAQUISMO Y A EPOC
EL GRUPO PNEUMOVIGO DEL ÁREA SANITARIA DE VIGO PREMIADO POR UN ESTUDIO SOBRE EL DAÑO PULMONAR ASOCIADO AL TABAQUISMO Y A EPOC

Deja una respuesta

Hide picture