O Concello de Vigo publicou a suspensión da licitación do procedemento de contratación do servizo de
transporte urbano de viaxeiros en autobús de acordo e nos termos da lei.
O Goberno local respecta escrupulosamente a lei e os órganos competentes en materia de contratación, os dereitos corporativos, os deberes de
confidencialidade e a transparencia. De feito, a área de Contratación do Concello de Vigo segue taxativamente as normas recollidas na lei sobre a
suspensión do procedemento de contratación, a publicación, a solicitude de información adicional aos licitadores e, por suposto, o deber da
confidencialidade.
O que sería preocupante e grave é o incumprimento da lei e a infracción dos anteriores principios. A totalidade dos membros da corporación, a través da
xestión de expedientes, están advertidos de que existe informaciónconfidencial, tal e como consta tamén na acta publicada e accesible na web
“omítese o contido deste expediente por ser confidencial ao abeiro do disposto na Lei 9/2017 de 8 de novembro de contratos do sector público”.
Calquera actuación da oposición con información confidencial en licitacións públicas sobre supostos indicios de prácticas das empresas será
responsabilidade de quen as revele.
Vigo
El gobierno de Caballero se escuda en la «confidencialidad» para no explicar nada sobre la suspensión del contrato del bus de Vigo
- septiembre 29, 2026
- 0 Comentarios
- hace 5 horas
