Vigo, Galicia
Vigo

El gerente del área sanitaria de Vigo recepciona el medicamento Paxlovid contra la Covid-19.

O xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, recepcionou esta mañá o novo medicamento Paxlovid contra a covid 19, do que hoxe chegaron a Vigo 297 unidades.

No día de hoxe chegaron a Galicia 677 unidades, en concreto aos hospitais de Santiago de Compostela (113), Ferrol (267) e Vigo (297), para logo enviarse ao resto dos hospitais da comunidade autónoma, a remesa do Ministerio de Sanidade co ao redor do 6% dos primeiros 11.900 tratamentos do antiviral Paxlovid contra a covid-19 que se distribuirán en España. Está previsto que o Ministerio faga novos envíos nas vindeiras semanas ata completar a cifra de 50.000 tratamentos para o conxunto do Estado no primeiro trimestre do ano.

Paxlovid é un medicamento que se subministrará baixo prescrición médica e adminístrase por vía oral, polo que posibilita un tratamento ambulatorio dos pacientes leves con factores de risco para progresión a covid grave, controlando a progresión da infección e frenando a hospitalización e morte.

Paxlovid debe administrarse o antes posible logo do diagnóstico de covid e dentro dos cinco días posteriores ao inicio dos síntomas.

Deja una respuesta