Vigo, Galicia
Galicia General Política Vigo

El ex alcalde de Vigo, Manuel Pérez, presidirá la mesa del 19 Congreso PP de Pontevedra con el lema «Una provincia con, para, de todos”

Preto de 1.000 persoas participan este sábado no cónclave dos populares

A Comisión Organizadora do 19 Congreso do Partido Popular de Pontevedra (COC) anuncia que o lema do cónclave, que se celebra este sábado é “Unha provincia con, para, de todos”. Segundo explica o presidente da comisión, Alberto Pazos, o obxectivo é enxalzar a importancia que ten a unidade e o municipalismo para os populares, “características fundamentais para construír un proxecto para todos e no que se conta con cada alcalde, cada voceiro e cada militante”. En definitiva, engade, “construír xuntos un proxecto de provincia que garanta gobernos fortes e estables en cada un dos concellos”.

MESA DO CONGRESO

Durante a reunión da comisión organizadora, os seus integrantes tamén acordaron a composición da Mesa do Congreso, que será a encargada dirixir, impulsar e velar pola boa marcha da sesión. Así, Manuel Pérez, ex alcalde de Vigo, será o presidente da mesa, da que formarán parte Elena Estévez, voceira do PP de Bueu, como vicepresidenta; Sabela Fole, concelleira en Cambados, como secretaria; e Carmen Seijas, presidenta local de Agolada, e Martín Martínez, concelleiro en Pontevedra, como vogais.

O 19 Congreso do PP de Pontevedra celebrarase en horario de mañá no Auditorio do Mar de Vigo, no que Luis López é candidato único a presidir o partido. Preto de 1.000 persoas, entre compromisarios e convidados, participarán no cónclave.

Deja una respuesta