Vigo, Galicia
Galicia Vigo

El embajador Británico visita el Álvaro Cunqueiro, ejemplo de sostenibilidad concebido bajo la arquitectura curativa

A visita continua afianzando as relacións de colaboración coa embaixada británica e o National Health Services

O embaixador británico en España, Hugh Elliott, visitou esta semana as instalacións do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, considerado un dos máis grandes a nivel europeo e un claro exemplo en materia de sostibilidade, eficiencia enerxética e respecto polo medio ambiente. O diplomático estivo acompañado polo Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puentes, e a xerente de Galaria e Presidenta do Clúster de Saúde de Galicia, Rocío Mosquera.

Este encontro non só afianza as relacións bilaterais entre as entidades sanitarias galegas e británicas, senón que tamén serve para visibilizar o traballo que se está desenvolvendo dende o Servizo Galego de Saúde en proxectos pioneiros no campo da sostebilidade integral, como a iniciativa da New European Bauhaus, que ten como centro de actuación a sostibilidade e a mellora na calidade de vida das persoas.

Colaboración entre servizos de saúde

Tanto o National Health Services como o Servizo Galego de Saúde están traballando de forma activa pola sostibilidade no ámbito da saúde, o impacto que o clima ten na calidade de vida e a busca de solucións cara unha sanidade con cero emisións, comprometidos os dous sistemas sanitarios coa carreira Race to Zero de Nacións Unidas, cara as cero emisións en 2040.

As sinerxías de traballo da Embaixada británica co Servizo Galego de Saúde e o Clúster de Saúde de Galicia véñense dando dende tempo atrás, colaborando en iniciativas como a visita do embaixador británico a Biospain 2014 en Santiago de Compostela, ou a INNOVATION IN PRIMARY CARE GALICIA & SCOTLAND en xullo de 2022.

Recoñecementos internacionais

Grazas ao seu compromiso medioambiental, o Hospital Álvaro Cunqueiro recibiu importantes recoñecementos, como a certificación internacional BREEAM, a cal mide o grado de sostibilidade ambiental nas edificacións.

Desenvolvido pola organización BRE Global de Reino Unido e creado no ano 1990, este método avalía os impactos en dez categorías diferentes, outorgando unha puntuación final que serve de

referencia para unha construción máis sostible, tanto na fase de deseño como nas de execución e mantemento.

Outro fito importante foi a concesión do Premio Internacional ao Mellor Proxecto Sanitario do Futuro, como mellor proxecto no ámbito sanitario a nivel europeo, outorgado pola Academia Internacional de Deseño e Saúde, en Kuala Lumpur.

Deja una respuesta