Os facultativos prestarán os seus servizos tanto nos centros de saúde como nos Puntos de Atención Continuada
O Diario Oficial de Galicia publicará o vindeiro luns, 5 de setembro, a resolución coa puntuación definitiva do proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso como persoal fixo á categoría de facultativo especialista de atención primaria, así como os/as aspirantes seleccionados/as.
Esta categoría de facultativo/a especialista de atención primaria foi creada como parte do colectivo profesional do persoal médico de familia, pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, coa previsión dun proceso selectivo pioneiro no sector mediante concurso de méritos. Así, en case 4 meses dende a convocatoria publicada a finais de abril, xa está na fase final coa incorporación prevista para finais deste mes de setembro. O persoal tomará posesión en prazas básicas que comportan a prestación de servizos en prazas de centros de saúde coa súa cota de pacientes asignados así como tamén un máximo de 2 gardas mes nos PAC que se determinan. Este modelo de prestación de servizos en xornada ordinaria e punto de atención continuada está previsto noutras comunidades autónomas.
Dos 106 aspirantes seleccionados, 13 accederon pola quenda de promoción interna e 6 pola quenda de discapacidade xeral. O resto de prazas cubriranse pola quenda libre (86), pois ás 73 prazas ofertadas por esta quenda engádense as non cubertas pola quenda de promoción interna (14)
