Vigo, Galicia
Galicia

El Delegado del Gobierno pone en valor el cumplimiento de los compromisos del Gobierno con Redondela y con la mejora de la calidad de vida de la vecina situada al carón de la AP-9

  • O Goberno avanza na execución dos acordos que suman 15 millóns de euros en investimentos en Redondela
  • Avanza a próxima licitación do proxecto para a instalación de pantallas antirruido por parte do Ministerio de Transportes por valor de 7,1 millóns de euros
  • “Este é un Goberno que escoitae quedá resposta ás demandas da veciñanzade Chapela, poñendopunto e final a un problema que afectaba de maneira importante á calidade de vida da cidadanía da contorna da AP-9”, indicou o delegado
  • Lembra que “só entre 2022 e 2023 o Goberno de Pedro Sánchez destinou máis de 104 millóns a bonificacións e a peaxes na sombra na AP-9”, liberando deste pago a milleiros de galegos e galegas

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo en valor hoxe o cumprimento dos compromisos do Goberno de Pedro Sánchez con Redondela e coa mellora da calidade de vida da veciñanza deste concello que vive ao carón da autopista AP9. Fíxoo durante unha visita xunto a alcaldesa, Digna Rivas, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, ás obras de reposición de viarios afectados pola ampliación da AP-9 na zona de Chapela.

O delegado supervisou a humanización da contorna da Igrexa de San Fausto. Trátase dunhas das accións incluídas no proxecto que executa a sociedade concesionaria da autopista (Audasa) cun investimento de 3,21 millóns de euros.

O delegado sinalou que o Goberno avanza con paso firme para completar os compromisos ligados á ampliación de capacidade desta vía e que suman 15 millóns de investimentos en Redondela. As tres actuacións son a construción do novo centro educativo de Chapela, que xa está funcionando; a reposición de viarios, que está en execución, e a instalación de pantallas antirruído. Con respecto a este último proxecto, Pedro Blanco avanzou que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está traballando xa no proceso de contratación, que se abrirá proximamente cun importe de saída de 7,1 millóns de euros.

Durante a visita insistiu: “este Gobernoé un Goberno que escoita e que dá resposta ás demandas da veciñanzade Chapela, poñendopunto e final a un problema que afectaba de maneira importante á calidade de vida da cidadanía da contorna da AP-9”, afirmou.

O delegado incidiu na relevancia dunha actuación que “conseguirá facer máis habitable Chapela coa mellora de espazos públicos, a creación de novos servizos e favorecendo a mobilidade segura e sustentable tanto de peóns como de vehículos, “porque neste Goberno seguimos a apostar pola comunicación útil e poñemos sempre ás persoas no centro”, engadiu Pedro Blanco. Nesta liña, o delegado lembrou que o Goberno de Pedro Sánchez apostou pola mellora das condicións de mobilidade na AP-9, coa aprobación dun sistema inédito de rebaixas nas peaxes do que se benefician diariamente milleiros de galegos e galegas: “só entre 2022 e 2023 o Goberno de Pedro Sánchez destinou máis de 104 millóns a bonificacións e a peaxes na sombra na AP-9, liberando deste pago á cidadanía”.

Proxecto de humanización

O proxecto de reposición de viarios e humanización que se está a executar en Chapela comprende as seguintes actuacións:

  • Adecuación e mellora dos camiños Penisal, Torreiro, Camiño dá Igrexa e Pasán, mediante a reposición do firme, disposición de beirarrúas, creación de zonas axardinadas e sendas peonís. Dótase de continuidade ao Camiño da Igrexa ata a rúa Pasán.
  • Ampliación da pasarela peonil de Chapela, que cruza sobre a autoestrada AP-9.
  •     Reordenación da sección transversal do paso superior sobre a autoestrada da rúa Pasán para permitir a disposición dun itinerario peonil sobre o mesmo.
  • Tamén se adecúa a contorna do IES Chapela, mediante a disposición dunha dársena para subida e baixada de estudantes que viaxan en vehículo privado, e que actualmente non dispoñen de espazo habilitado na avenida de Redondela para realizar esta operación.
  • Ampliación do paso superior de Trasmañó, mellorando deste xeito o itinerario peonil que discorre sobre o mesmo.
  • Reposición e mellora de Camiño Mouriño, repoñendo o firme e construíndo beirarrúas.

As obras inclúen ademais as debidas actuacións de integración ambiental, estética e paisaxística, e son compatibles coa actuación de disposición de pantallas antirruido neste tramo.

Deja una respuesta

Hide picture