Vigo, Galicia
Galicia Política Vigo

El conselleiro de Sanidad remarca el alto nivel de la atención sanitaria que se está prestando en el Área Sanitario de Vigo

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego visitou o centro de saúde de Navia, que atende a unha poboación de ao redor de 15.000 habitantes

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou está mañá o centro de saúde de Navia, un dos máis novos e grandes desta área asistencial, e que atende ao redor de 15.000 cidadáns, -tal e como destacou o máximo responsable do Sergas-. Na visita, o conselleiro reuniuse con profesionais deste centro, nunha xuntanza na á que tamén asistiron o xerente da área sanitaria, Javier Puente, e o xefe de servizo, Gonzalo López.

Este verán, -segundo sinalou Comesaña-, os profesionais deste centro levan realizadas preto de 18.000 consultas no que vai de período estival, unha porcentaxe maior que no pasado ano, o que demostra o bo funcionamento da sanidade pública galega en xeral e a de Vigo en particular, -subliñou o conselleiro-.

Tal e como incidiu o responsable da carteira sanitaria da Xunta, o centro de saúde de Navia está situado nunha zona estratéxica da cidade, de crecemento, e conta cuns magníficos profesionais que están sempre na vangarda de calquera tipo de proxecto tanto do Sergas como de iniciativa propia.

Na súa visita ao centro, o conselleiro agradeceu á área sanitaria o traballo que está a facer neste verán, nun momento difícil de déficit de médicos de atención primaria en todo o Estado, mantendo o alto nivel de atención sanitaria que se está a prestar no ámbito da atención primaria ordinaria, no Punto de Atención Continuada ou nas urxencias dos hospitais. Comesaña gabou o traballo de todos os equipos de profesionais, resolvendo esa alta demanda que se está a dar nestes días, xa que se trata dunha área que recibe moitos visitantes de fóra.

Deja una respuesta