O Concello comunica que as 11 vítimas do incendio
trasladadas a pasada madrugada ao albergue municipal foron aloxadas ao longo desta
xornada en hostais da cidade onde permanecerán o tempo que sexa preciso.
En canto ás declaracións da asociación Sociedade Xitana Española que denunciou «trato
discriminatorio» por parte do Concello ás familias de etnia xitana, o goberno municipal quere
aclarar que estas familias recibiron atención permanente, sendo usuarios dos Servizos
Sociais municipais e recibindo asistencia en todo aquilo que é de competencia municipal.
Tamén foron atendidos pola Xunta de Galicia e, de feito, os menores falecidos estaban, por
decisión autonómica, nun centro de día.
Cómpre lembrar que segundo o artigo 25 da Lei de Bases de Réxime Local é competencia dos
concellos a avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención
inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social. Esta avaliación e información
viuse producindo de forma prolongada no tempo por parte dos servizos sociais municipais e a
atención inmediata consistiu, no ámbito das competencias municipais, en atender as súas
necesidades básicas e en axudas de emerxencia para afrontar diversos pagos de
subministros, alugueiros…
No caso concreto do Camiño do Caramuxo, trátase dun conflito entre privados, denunciado
pola propiedade no xulgado que ditou sentenza a favor da propiedade, asegurando que
procedía o desaloxo. Desaloxo que foi paralizado en múltiples ocasións pola mediación dos
servizos sociais de Vigo. Nese momento pediuse informe aos servizos sociais do Concello,
que informaron da vulnerabilidade das familias o que permitiu a paralización sucesiva e
reiterada do desaloxamento. No entanto, o Concello de Vigo intentou realizar un labor de
mediación coas familias a través da Fundación Secretariado Xitano, realizouse o perfil dos
usuarios e ofrecéuselles diferentes axudas. Das 7 familias iniciais, consta que nos últimos
tempos só habitaban dúas no Caramuxo. Esta situación de vulnerabilidade foi comunicada ás
autoridades competentes, ao xulgado en primeira instancia e ao IGVS (competente en
materia de política de vivenda e solo segundo a Lei 3/1988 do 27 de abril).
Desde o goberno de Vigo queremos recalcar que se lle dá o mesmo trato a unha familia de
etnia xitana, que a calquera outra familia vulnerable, sexa cal sexa a súa nacionalidade,
etnia, relixión ou procedencia. Séguense criterios profesionais de vulnerabilidade da familia,
á marxe, mesmo da súa situación administrativa. É máis, o Concello de Vigo ten un convenio
nominativo de subvención a favor da Fundación de Secretario Xitano, precisamente para
realizar unha discriminación positiva a favor deste colectivo.
Revisión técnica
En relación ao estado da edificación, o informe dos técnicos da Oficina de Conservación da
Xerencia Municipal de Urbanismo, que realizaron este mércores unha visita preliminar, recolle
que a zona máis afectada é o portal de acceso. A escaleira común de acceso ás plantas
tamén presentan un grao de afectación importante. Dado que nestas dúas zonas os
paramentos están cheos de hollín, non se puido observar con claridade o estado da
estrutura, que aparentemente non presenta danos que comprometan directamente a
resistencia mecánica e a estabilidade do edificio. No interior das vivendas os danos son
menores, xa que a entrada de fume quedou limitada pola acción das portas, se ben
nalgunhas nótase que entrou o fume.
Os técnicos municipais ditaminaron as seguintes medidas de seguridade: evitar o acceso de
persoas ao interior da edificación, mediante o tapiado de todos os ocos das fachadas ou o
seu correcto pechado. Amais, deberá colocarse unha porta que permita o acceso ás persoas
autorizadas. A Policía Local procederá ao precintado da edificación de xeito que se impida o
acceso ao interior da mesma. Ao longo desta tarde, os residentes no inmoble puideron
acceder ás vivendas para recoller as súas pertenzas ou artigos de primeira necesidade,
acompañados por axentes da Policía Local, bombeiros e psicólogos. Por outra banda,
manterase o desaloxo do edificio ata que se acredite que reúne as debidas condicións de
seguridade. O retorno dos ocupantes só será posible cando así se autorice por resolución
Praza do Rei, 2. 36202 Vigo. Tlf.: 986 81 01 06 Fax: 986 81 02 17
expresa desta administración, previa avaliación da documentación que se achegue
garantindo a seguridade do edificio. Só poderán continuar accedendo a dirección facultativa
e o persoal técnico municipal asignado a este expediente.
Tamén foron localizados os administradores da propiedade que se achegaron ao edificio e
amosaron a súa disposición de facerse cargo das medidas a adoptar tales coma o precintado
do inmoble e a súa limpeza.
Operativo do incendio
Sobre o operativo desprazado ao edificio, non é certo que fosen mobilizados todos os
efectivos xa que dous permaneceron nos parques de Teis e Coruxo, un en cada parque.
Desprazáronse os dous trens de primeira saída de ambos parques, conformados por un total
de 12 persoas, aos que se sumaron o camión escaleira de Teis, con dous efectivos e 3
efectivos máis (17 persoas). O número de efectivos totais desta intervención foi de 19
profesionais. En ningún momento os parques quedaron desatendidos.
En calquera caso, o número de bombeiros mostrouse suficiente e eficaz. De forma simultánea
á extinción, foron rescatadas en altura dúas persoas sobreviventes e, unha vez o lume estaba
extinguido, unha operación que se desenvolveu 3 minutos, procedeuse á evacuación interior
do inmoble, percorrendo planta por planta. Tal e como se informou pola mañá acudiu tamén
ao lugar do suceso a bomba urbana pesada que estivo dispoñible aínda que a súa
colaboración non foi necesaria.
Así mesmo, a administración local fíxose cargo dos sete animais de compañía que se
atopaban no interior do edificio no momento do incendio. Todos eles foron derivados nun
primeiro momento ao servizo veterinario e, posteriormente, á protectora municipal.
O goberno local reitera unha vez máis a súa dor e consternación polas vítimas desta traxedia
e transmite o seu máis sentido pésame ás familias.
Vigo
El Concello realoja en hostales a las víctimas del incendio de Alfonso X que inicialmente derivó al albergue
- octubre 11, 2023
- 0 Comentarios
- hace 1 año