- O Concello de Vigo informa das modificacións no tráfico con
motivo da montaxe do festival O Marisquiño na zona de Samil:
A partir do mércores 26 de xullo autorízase a montaxe da proba Dirt na Avenida de Samil, entre
as rúas Argazada e Pertigueiras, polo que estará habilitado un carril de circulación en sentido
Coruxo. Para circular en sentido Bouzas os vehículos circularán por Pertigueiras, Dunas de Samil
e Argazada, tal e como se reflicte no mapa.
Durante la celebración do evento, entre o 10 e o 13 de agosto, terán acceso á zona os
residentes e servizos públicos, en sentido Coruxo por Argazada e Pertigueiras e en sentido
Bouzas por Pertigueiras, Dunas de Samil e Argazada.
O Concello de Vigo sinalizará os desvíos no tráfico desde a rotonda que une a Avenida Castelao
coa Avenida de Europa cos itinerarios recomendados para a zona norte e sur da praia de Samil.
En canto aos servizos, quedará inutilizado o aparcadoiro 3 para a montaxe da proba de Skate,
con excepción das prazas para persoas con mobilidade reducida. Tamén autorízase a ocupación
da pista de patinaxe e de baloncesto para a montaxe das probas de Break e Flatland a partir do
7 de agosto.
Os usuarios de bicicletas e patinetes seguirán a ter operativo o carril habilitado, xa o ano
pasado, para a súa circulación con máis seguridade.
Descenso urbano
O día 11 haberá limitacións na circulación con motivo da proba do descenso desde o Castro ata
o Berbés entre ás 10 e a 13:30 horas, para os adestramentos, e as 16:00 e 19:00 horas, tempo
estimado da duración da competición.
As modificacións no tráfico de vehículos terán lugar na rúa Camelias, entre Marqués de Alcedo e
Avenida Hispanidade, no paseo Rosalía de Castro na parte alta do Castro, paseo Cronista Xosé
M. Álvarez Blázquez, e no Casco Vello durante a proba para os vehículos ata as 20 horas, e para
peóns na Muralla, o cruce de Camelias, Praza do Rei, Paseo Alfonso, Elduayen, Perigos, Anguía e
O Berbés

