O Concello de Vigo quere informar da suspensión do procedemento do concurso de proxectos para o deseño e realización dunha escultura para recoñecer a figura do futbolista do Celta, Iago Aspas.
O motivo desta interrupción temporal é a interposición dun recurso especial en materia de contratación ante o TACGAL contra a inadmisión dun dos participantes, que foi excluído do procedemento por vulnerar as regras de anonimato establecidas nas bases do concurso.
Ante a posibilidade de que o Tribunal estime o recurso e co fin de evitar a contaminación do procedemento, o Concello adopta a decisión de paralizar a tramitación para dotar o proceso da maior seguridade xurídica.
Vigo
El Concello de Vigo suspende el concurso para la escultura de Iago Aspas por un recurso de un participante excluido
- octubre 21, 2026
- 0 Comentarios
- hace 5 horas
