En base ao informe técnico, mañá venres o Concello de Vigo emitirá unha resolución que indica que a propiedade da edificación situada en rúa Areal 34 ten que adoptar as medidas urxentes de seguridade e acometer de forma inmediata as obras autorizadas na licencia de demolición concedida en xullo de 2020 e, de non facelo de inmediato, será o Concello o que o faga en execución subsidiaria e con cargo á propiedade. Como esta parcela cumpre cos requisitos para estar incluída no rexistro de soares para expropiación forzosa -a propiedade recorreuno e o Xulgado acaba de darnos a razón en sentenza de 28 de xaneiro de 2021-, se a propiedade non actúa de forma inmediata, o Concello sacará o terreo a poxa pública. Todo isto sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador no seu caso. O expediente urbanístico desta parcela está vivo desde hai máis dunha década e o Concello de Vigo estivo desde entón instando constantemente á propiedade a que actúe.
General
Portada
El concello de Vigo insta a la propiedad del edificio Areal adoptar la medidas de seguridad urgentemente
- febrero 11, 2021
- 0 Comentarios
- hace 6 años
Comparte esta noticia:
Noticias relacionadas
General, Sucesos, Vigo
Un individuo tira dos motocicletas esta madruga en la Gran Vía
agosto 5, 2022
