O Concello de Vigo comunica que nas últimas horas foron detectados 11 casos de positividade en Covid-19 no albergue municipal de Marqués de Valterra polo que o centro quedará pechado en confinamento durante 14 días. Estas 11 persoas positivas -10 usuarios e 1 traballadora- foron detectadas tras as probas aleatorias (PCR) que se realizan de forma sistemática a usuarias e traballadoras do centro, en coordinación coa autoridade sanitaria. As persoas positivas foron trasladadas fóra do centro, en coordinación co Sergas, seguindo o rigoroso protocolo para estes casos. Deste xeito quedan suspendidos provisionalmente os servizos externos (hixiene, obradoiros, lavandería e sala de lecer) ata que finalice o período de confinamento decretado polas autoridades sanitarias.