Vigo, Galicia
General Vigo

El comité de Vitrasa propondrá retomar las movilizaciones para forzar la empresa a negociar un nuevo convenio colectivo

A CIG denuncia que a dirección négase a actualizar as condicións laborais a pesar de que o número de viaxeiros/as segue a medrar

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano de Concello de Vigo, proporalle aos
traballadores/as retomar as mobilizacións co obxectivo de forzar a empresa a negociar un novo convenio
colectivo, xa que o actual leva caducado dende finais de 2020. Dende a sección sindical da CIG denuncian
que a dirección négase a actualizar as condicións laborais a pesar de que o número de viaxeiros/as segue a
medrar, situándose xa en cifras anteriores á pandemia.
Segundo explican dende a CIG-Vitrasa, a representación sindical celebrará asembleas de mañá e tarde cos
empregados/as o vindeiro 5 de outubro para analizar a situación e propoñer a convocatoria de protestas,
decisión que o cadro de persoal adoptará ao día seguinte, 6 de outubro, mediante votación en furna no
local do comité durante toda a xornada.
Tal e como denuncian, o inicio do novo curso escolar, os actuais prezos dos carburantes e a rebaixa no prezo
do billete a primeiros de setembro provocou un aumento no número de viaxeiros/as que transporta Vitrasa
a diario, chegando a igualar ou mesmo a superar as cifras anteriores á pandemia, segundo cálculos da
sección sindical. “A pesar deste incremento a empresa segue enrocada en non negociar un novo convenio e
mesmo insiste en rebaixar os salarios dos seus traballadores/as, esta vez vía xudicial ao recorrer o laudo
arbitral que lle impediu reducilos no mes de xullo”.
Ao mesmo tempo, lembran que Vitrasa reduciu custes nestes últimos anos eliminando servizos e incluso
algunha liña, “o que amosa a falta de espírito de servizo público e deixa claro que a súa única intención é a
rendibilidade económica, sen importarlle sacrificar a calidade do servizo ofrecido e precarizando as
condicións laborais do seu persoal”.
Principais reivindicacións
As principais reivindicacións do comité de empresa de cara á negociación do convenio son actualizar as
táboas salariais, regular os descansos na xornada, acurtar a xornada máxima diaria (que pode chegar a ser
de até 10 horas), frear o abuso das horas extra (50.000 ao ano) e lograr a estabilización do persoal
(eventualidade).
Finalmente, fan fincapé no feito de que a frota de vehículos da empresa está notablemente envellecida,
con autobuses circulando que chegan a superar os 15 anos de antigüidade a pesar de ter pactado na
prórroga asinada en plena pandemia o compromiso de renovación de 31 vehículos no ano 2021, 20 en
2022 e 72 en 2024. “Mais a día de hoxe non se realizou a entrega de ningún deles, o que incumpre o
contrato de prórroga sen que o Concello tome medidas ao respecto”.

Deja una respuesta