Vigo, Galicia
Vigo

El comité de Vitrasa pide la documentación a la empresa antes de la reunión del jueves para que no sea estéril como las anteriores.

Dende o Comité de Empresa de Viguesa de Transportes SL, e ante a nova convocatoria de reunión para a negociación de convenio colectivo realizada no día de hoxe pola dirección de empresa, queremos manifestar o seguinte:

O colectivo de traballadores e traballadoras de Vitrasa somos o máis afectado polo actual estado de folga e é por iso que non temos maior interese por alongar unha situación na que somos os maiores prexudicados/as.

En todo momento a intención deste Comité de Empresa foi a de desbloquear o conflito; é por iso que a pesar de non chegar a entendemento en anteriores reunións realizamos unha revisión da plataforma inicial de convenio e entregámoslla á empresa coa intención de que fose valorada co obxectivo de sentarnos a negociar o máis axiña posible.

Con todo, xa desde a primeira reunión solicitámoslle á empresa unha documentación imprescindible para poder valorar e realizar posibles ofertas no marco da negociación. Confiamos en que a pesar de non realizarse a entrega desta documentación por parte da empresa, a disposición para negociar da dirección de Vitrasa (situación que vimos demandando dende hai tempo) será positiva e dita documentación nos sexa entregada antes da reunión de convenio do próximo xoves. En caso contrario atoparémonos novamente cunha reunión baleira de contido e na que chegar a acordos resultará practicamente imposible.

Reiteramos pois a nosa total disposición a chegar a acordos para darlle unha pronta solución ao conflito.

Deja una respuesta