Vigo, Galicia
Uncategorized

El BNG urge resolver los problemas en la red de suministro de agua en Coia pendientes desde 2019

A fronte nacionalista denuncia a falla de mantemento e renovación por parte de Aqualia, que afecta a todos os barrios da cidade cada semana e que derivou en graves roturas de tubaxes nas rúas Garda e Porriño nos últimos días

Xabier P. Igrexas: “A prórroga coa que Caballero agasallou a Aqualia non se traduciu na mellora do servizo malia que Vigo teña un dos recibos de auga máis caros do Estado”

O Bloque Nacionalista Galego urxe resolver os problemas na rede de subministro de auga no barrio de Coia, após as graves roturas de tubaxes rexistradas nos últimos días nas rúas Garda e Porriño que causaron cortes de auga e importantes danos materiais. A fronte nacionalista lembra que “non son incidencias illadas”, pois o propio Goberno municipal comprometeuse a renovar a rede en 2019 despois das numerosas queixas da veciñanza de Coia.

“Unha realidade que se repite, practicamente cada semana en diferentes puntos da cidade, como ten sucedido reiteradamente tamén en Lavadores ou en Teis”, advertiu o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen sinalou este episodio en Coia como “un exemplo máis do brutal abandono que padecen os nosos barrios e parroquias, nos que non se inauguran ascensores HALO pero vemos como tampouco se garanten servizos esenciais como a auga”.

Igrexas alertou da falla de mantemento e renovación na rede de subministro malia que Vigo teña un dos recibos de auga máis caros de toda Galiza e do Estado e que se encareceu dende 2020 até un 15% por causa da “estafa” do novo sistema tarifario. “Vemos como a prórroga coa que Caballero agasallou a Aqualia non se traduciu na mellora do servizo, senón que se decidiu que a empresa concesionaria financiase humanizacións e outras actuacións que nada teñen a ver co subministro da auga”, afeou.

Para a fronte nacionalista esta situación evidencia máis unha vez o “abandono deliberado” do Goberno municipal cos barrios e parroquias de Vigo. Nese sentido, lamentou o rexeitamento continuado das proposta do BNG, como o Plan Cidade para mobilizar 50 millóns de euros dos remanentes municipais para atender estas necesidades. “Abel Caballero maltrata sen disimulo barrios tan importantes como Coia, que para o alcalde non debe ser parte da cidade”, ironizou Igrexas.

“O que é claro é que na mellor cidade para vivir, da que fachendea Caballero, hai millares de veciñas e veciños que non teñen garantido nin tan sequera o subministro de auga”, remachou o portavoz municipal do BNG de Vigo.

Deja una respuesta