Vigo, Galicia
Política Vigo

El BNG pide al Ayuntamiento de Vigo que permita usar de una vez el pabellón de Romil al alumnado del colegio Doctor Fleming

A fronte nacionalista lamenta que o goberno de Caballero siga sen cumprir dous anos despois esta promesa co centro, que mesmo habilitou un acceso directo ás instalacións

Xabier P. Igrexas: «O único que recibe a comunidade educativa son escusas por parte do Goberno municipal malia que o pavillón está agora mesmo infrautilizado»

 O Bloque Nacionalista Galego pide ao Concello de Vigo que permita usar o pavillón de Romil ao alumnado do colexio público Doutor Fleming en horario de mañá. A fronte nacionalista lamenta as continuas «escusas» do Goberno municipal para cumprir con esta promesa realizada hai dous anos polo alcalde, Abel Caballero, á comunidade educativa.

«É unha débeda histórica coas 600 alumnas e alumnos deste colexio, un dos de maior matriculación de toda a cidade», defendeu o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, tras manter unha xuntanza con representantes da ANPA, que trasladaron o seu malestar polas continuas evasivas que reciben do Concello.

Igrexas asegurou que non existe xustificación para que o alumnado do Doutor Fleming siga sen dispoñer de espazos necesarios para a práctica deportiva mentres o pavillón de Romil, a carón do centro educativo, continúa «absolutamente infrautilizado». Desde o colexio mesmo habilitaron un acceso directo ao pavillón, porén o Concello só prevé autorizar o uso parcial, concretamente do seu andar superior, un espazo que non contaría coas condicións de seguridade axeitadas para a práctica deportiva que precisa o alumnado.

Nese sentido, o edil nacionalista reiterou o «completo apoio» do BNG ás reivindicacións das familias e do alumnado, que xa trasladara nos pasados meses tanto na Comisión Informativa de Deportes como no Pleno municipal «a pesar de que a propia concellería de Deportes que dirixe Manel Fernández continúa a facer ouvidos xordos en lugar de buscar solucións».

Deja una respuesta