Vigo, Galicia
General Vigo

El BNG enmienda la ordenanza de administración electrónica del Ayuntamiento de Vigo para que la digitalización “no deje a nadie atrás”

  • Demandan medidas contra a fenda dixital e en apoio dos colectivos vulnerábeis, maiores garantías no proceso de notificación, a simplificación dos procedementos e que se respeite a lingua galega como idioma oficial do Concello.
  • Critican que o Goberno municipal tardase 4 anos en levar a ordenanza a Pleno e que “por sectarismo” rexeitase as emendas do BNG para mellorala en favor da veciñanza. Defenderanas a través dun voto particular no Pleno deste mércores.

O Bloque Nacionalista Galego foi a única forza política da Corporación municipal de Vigo que presentou emendas á proposta de ordenanza de administración electrónica do Concello de  Vigo. Nas emendas propoñen medidas para combater a fenda dixital e brindar apoio aos colectivos vulnerábeis, demandan maiores garantías no proceso de notificación electrónica, piden que se simplifiquen os procedementos e que se garanta o respeito ao galego como lingua oficial do Concello.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, deu conta esta mañá da valoración da fronte nacionalista da proposta de ordenanza de administración electrónica que se someterá a debate e votación no Pleno municipal convocado para este mércores. Igrexas valorou sinalou en primeiro lugar que o feito de a levar a pleno catro anos despois do inicio da súa tramitación, en 2017, deixa en evidencia a “total incapacidade política do Goberno de Abel Caballero”.

O edil considerou que “é positivo avanzar na modernización da administración municipal sempre que iso se traduza en axilizar, desburocratizar e facilitar o relacionamento da cidadanía, das entidades e de empresas co Concello”. Sob esa premisa, o BNG foi a única forza política que presentou emendas parciais ao articulado formulado polo executivo local, e que se sintetizan en catro grandes ideas.

“O primeiro é evitar que a dixitalización da administración deixe a ninguén atrás, para o que demandamos que o Concello garanta o acceso aos medios necesarios para facer fronte á fenda dixital, poñendo en marcha, por exemplo, puntos de acceso electrónico gratuíto e asistido para as persoas que non dispoñan de medios materiais ou de competencias dixitais”, explicou.

O segundo obxectivo das emendas nacionalistas é dotar de maiores garantías o proceso de notificacións oficiais, para protexer os dereitos da cidadanía e das entidades, considerando “inadecuado e de dubidosa legalidade” que se entenda por entregada unha notificación sen que haxa un medio verificábel, electrónico ou non, que avise da súa posta a disposición á súa destinataria.

Simplificar e facer máis cómodos os procesos administrativos é outro dos criterios que impulsan as propostas do Bloque, con medidas como evitar a presentación reiterada de documentación que xa obre en coñecemento do Concello.

Por último, Igrexas reclama “que se garanta o cumprimento estrito da ordenanza municipal de normalización lingüística, respeitando que a lingua galega é o idioma oficial do Concello de Vigo”.

Limitar a obrigatoriedade de relacionamento electrónico das persoas físicas, incorporar na nova ordenanza a existencia do rexistro electrónico do Pleno, recollido na última reforma do seu regulamento orgánico, ou a garantía de que como mínimo haberá notificación vía SMS, son outras das emendas formuladas.

As emendas do BNG foron rexeitadas co voto en contra do PSOE na Comisión Informativa de Organización Municipal, decorrida a semana pasada, pero serán tratadas novamente en Pleno a través dun voto particular que defenderá o portavoz municipal nacionalista. “Entendemos que a ordenanza vai no sentido correcto, pero resulta incomprensíbel que por sectarismo o Goberno se negue a considerar propostas que a queren mellorar en favor da veciñanza”, remachou Igrexa

Deja una respuesta