Vigo, Galicia
Galicia Vigo

El BNG demanda a la Xunta que aclare las causas de la inundación en una sala del Hospital Álvaro Cunqueiro

  • A fronte nacionalista pide coñecer os danos provocados na planta de Cardioloxía pola gran acumulación de auga e cales foron as revisións realizadas nas instalacións

Montse Prado: “A Xunta ten que esixir responsabilidades á empresa concesionaria como encargada do mantemento e á que cada ano pagamos un canon de máis de 70 millóns”

O Bloque Nacionalista Galego demanda á Xunta de Galiza que aclare as causas da inundación sucedida este pasado mércores nunha sala do Hospital Álvaro Cunqueiro. A fronte nacionalista vén de presentar iniciativas no Parlamento galego para coñecer os danos provocados na planta de Cardioloxía pola gran acumulación de auga e cales foron as revisións realizadas nas instalacións.

“O Goberno galego ten que esixir responsabilidades á empresa concesionaria como encargada do mantemento do centro hospitalario e á que cada ano pagamos un canon de máis de 70 millóns de euros”, defendeu a deputada e portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, subliñando que este non é o primeiro episodio de inundacións acontecido no hospital da área sanitaria viguesa.

Por estes motivos, Prado chamou a aclarar o papel da concesionaria nas revisións realizadas no centro para o seu mantemento. Na mesma liña, pediu información sobre a calidade dos materiais empregados nestas instalacións, lembrando que a construción do hospital supuxo un sobrecusto de 470 millóns de euros segundo o recente informe do Consello de Contas.


Dende a fronte nacionalista interpelaron tamén ao Goberno galego a respecto do alcance dos danos causados pola inundación, tanto na infraestrutura como sobre o mobiliario, medicación ou outros materiais. “O BNG queremos transparencia sobre o sucedido e que a empresa concesionaria se faga cargo das consecuencias”, esixiu a portavoz nacionalista de Sanidade

Deja una respuesta

Hide picture