Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo urge el Gobierno de Caballero a resolver el “colapso” de servicios municipales como el Padrón

  • A fronte nacionalista denuncia a existencia de 344 prazas de persoal municipal sen adxudicar pola inexecución das Ofertas Públicas de Emprego dende o ano 2020

Xabier P. Igrexas: “O desgoberno de Caballero provoca que a veciñanza non reciba os servizos que merece porque o Concello non cubre vacantes nin contrata máis persoal podendo facelo”

O Bloque Nacionalista Galego urxe o Goberno de Abel Caballero a resolver o “colapso” que padecen numerosos servizos municipais. Así o vén de denunciar este xoves o portavoz municipal en Vigo, Xabier P. Igrexas, quen puxo o exemplo da oficina do Padrón de Habitantes, que rexistra nos últimos días longas colas dende primeira hora da mañá e non ten cita dispoñíbel até o vindeiro 4 de abril.

“O parche das chamadas ‘citas exprés’ que se asignan por orde de chegada non resolven o problema, nin evita que haxa ducias de persoas amoreadas agardando desde ben antes das 8 da mañá na lonxa do Concello”, alertou Igrexas sobre a situación da oficina do Padrón como exemplo máis evidente do “colapso” dos servizos municipais.

Unha situación que, a xuízo da fronte nacionalista, ten como causa a falla de persoal da que “unicamente é responsábel o Goberno de Caballero”. Nese sentido, subliñou que existen 344 prazas de persoal municipal sen adxudicar pola inexecución das Ofertas Públicas de Emprego (OPE) dende o ano 2020.

“É incomprensíbel que non se estean a aprovisionar, polo menos de maneira temporal, reforzos estábeis a cargo por exemplo da OPE deste ano 2024 que inda está por definir”, lamentou o voceiro do Bloque, lemabrando que este pasado exercicio quedaron sen gastar 15 millóns de euros das contas municipais no capítulo de persoal.

Dende o BNG chamaron por estes motivos a un “cambio radical” na área de Recursos Humanos do Concello para reforzar este departamento “esencial” para o correcto funcionamento da administración e dos servizos municipais.

“A falla de xestión do desgoberno de Caballero provoca que a veciñanza non poida recibir a atención e os servizos que merecen porque o Concello non cubre as vacantes nin contrata máis persoal podendo facelos”, remachou Igrexas.

Deja una respuesta