Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo urge actuar por las molestias vecinales que provoca construcción de un edificio en Serafín Avendaño

  • A fronte nacionalista demanda da Xerencia de Urbanismo que dea resposta ás queixas da veciñanza polos trastornos que provoca desde máis de dous anos esta obra
  • Denuncia o absoluto “descontrol” dunha obra que provoca ruídos, exposición a partículas en suspensión e que impide de maneira reiterada o tránsito seguro de peóns e vehículos

Xabier P. Igrexas:  “Non é razoábel que unha obra se apropie do espazo público, ocupando mesmo beirarrúas para instalar materiais de construción e que de maneira sistemática se feche a rúa ao servizo da promotora”

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) volveu demandar ao Goberno municipal que actúe, no exercicio das súas competencias, para poñer fin ás molestias que provoca desde máis de dous anos as obras de construción dun edificio na confluencia entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, denuncia o absoluto “descontrol” desta obra, para a construción dun bloque de 52 vivendas en 10 andares e baixo cuberta e 4 sotos. Igrexas lamenta que a veciñanza da contorna teña que seguir padecendo elevados niveis de ruído e vibracións, exposición a partículas en suspensión e que se impida, de maneira reiterada, o tránsito seguro de peóns e vehículos. “Non é razoábel que unha obra se apropie do espazo público, ocupando mesmo beirarrúas para instalar materiais de construción, silos e contedores, e que de maneira sistemática se feche a rúa durante o día ao servizo da promotora”, argumentou.

Igrexas lamenta que a concellaría de Urbanismo, que dirixe María José Caride, “faga oídos xordos” ás queixas veciñais, lembrando que en abril do pasado ano o BNG xa lle trasladou, por escrito, esta situación sen que se teña constancia de ningunha medida correctora. Feito agravado pola resposta da propia Caride no último Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, celebrado o pasado martes, onde tras a interpelación do BNG sobre o asunto asegurou descoñecer a problemática denunciada.

Diante da falla de actuación do Goberno municipal de Abel Caballero, o BNG vai volver solicitar ter acceso a todas as inspeccións urbanísticas e tamén atestados de intervencións da policía local por causa das molestias que provoca a obra. Aliás, esixen que o Concello exerza as súas competencias e atribucións e adopte as medidas necesarias para garantir a convivencia veciñal, o respeito ás ordenanzas municipais e o tránsito seguro.

El BNG de Vigo urge actuar por las molestias vecinales que provoca construcción de un edificio en Serafín Avendaño
El BNG de Vigo urge actuar por las molestias vecinales que provoca construcción de un edificio en Serafín Avendaño

Deja una respuesta

Hide picture