Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo urge actuaciones del Gobierno local ante lo estado de abandono del monte del Castro

  • A fronte nacionalista pregunta pola recuperación da cafetaría situada na praza Martín Códax, pechada dende 2009, e que foi anunciada polo Goberno municipal o ano pasado

Ana Martínez: “Non se entende que o Concello desatenda este emblema da cidade, que usan a diario centos de persoas para pasear, facer deporte ou como punto de encontro”

O Bloque Nacionalista Galego urxe actuacións do Goberno municipal de Vigo ante o estado de abandono que presenta o monte do Castro. A fronte nacionalista denuncia falla de mantemento e pregunta pola recuperación da cafetaría situada na praza e miradoiro de Martín Códax, pechada dende 2009, e que foi anunciada polo Goberno municipal o ano pasado sen que se teñan rexistrado avances.

“Non se entende que o Concello desatenda deste xeito este emblema da cidade, que usan a diario centos de viguesas e vigueses para pasear, facer deporte ou como punto de encontro”, lamentou a concelleira do BNG de Vigo, Ana Martínez, sobre o estado deste espazo natural no centro da cidade.

Así, Martínez considerou “inexplicábel” que a contorna do miradoiro de Martín Códax se atope “absolutamente inutilizado” dende o peche da cafetaría hai 16 anos. Nese sentido, interpelou ao Goberno municipal para que explique cales son as súas previsións para a zona, logo de renunciar ao derrube da edificación e anunciar en abril de 2024 a súa intención de recuperalo.

“É inaceptable que o tempo pase e o Concello continúe sen prestar atención a este miradoiro absolutamente deteriorado que supón ademais un perigo para a cidadanía”, criticou a concelleira nacionalista, chamando a poñer en marcha os traballos necesarios para devolver este espazo á cidade e rematar co abandono do monte do Castro.

El BNG de Vigo urge actuaciones del Gobierno local ante lo estado de abandono del monte del Castro
El BNG de Vigo urge actuaciones del Gobierno local ante lo estado de abandono del monte del Castro

Deja una respuesta