Vigo, Galicia
General Política Vigo

El BNG de Vigo pregunta a Caballero se hay que acudir al Seprona para que retire el alumbrado de navidad de la araucaria de la Alameda

A fronte nacionalista reitera a esixencia de retirar os adornos desta árbore singular, situada nuns xardíns catalogados que contan con especial protección. Lembran que a instalación vulnerou a ordenanza de Medio Ambiente.

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero debe explicar que clase de fobia ten contra o arboredo que xustifique continuar afogando con luces de nadal a araucaria a finais de maio”.

O Bloque Nacionalista Galego pide retirar dunha vez os adornos de nadal pendurados da centenaria araucaria da Alameda de Vigo. A fronte nacionalista reitera a esixencia de retirar o alumeado desta árbore singular, cinco meses despois do remate das festas, e pregunta ao alcalde se hai que acudir ao Seprona para facer cumprir a normativa medioambiental.

“É unha situación delirante que non se pode deber a unha neglixencia na xestión, non hai un goberno tan incompetente que explique que a día 30 de maio continúen penduradas da araucaria as luces do nadal anterior”, criticou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que achacou esta situación a algunha “clase de fobia ou odio irracional contra as árbores” por parte do rexedor de Vigo, Abel Caballero.

“Ten que existir algún motivo oculto para cebarse contra un exemplar singular e catalogado nuns xardíns que están declarados como Ben de Interese Cultural e, polo tanto, gozan de protección integral”, salientou Igrexas, que lembrou que “nunca se debeu ter instalado o alumeado na árbore” porque vulnera de maneira evidente a ordenanza de Medio Ambiente.

O edil nacionalista reiterou así a esixencia realizada nos pasados meses desde o BNG para poñer fin a “este disparate” de manter os adornos na Alameda. Recordou que foi tras unha  denuncia do Bloque a finais de marzo cando se procedeu á retirada das estruturas de madeira do mercado de nadal, non así das luces colgadas da araucaria.

Deja una respuesta