Vigo, Galicia
General Política Vigo

El BNG de Vigo pide rectificar el plan de tráfico de la navidad ante lo “caos circulatorio” en la ciudad

A fronte nacionalista cuestiona a insuficiente delimitación dos espazos peonís e que se apliquen as mesmas restricións ao tránsito en días laborábeis que na fin de semana

Xabier P. Igrexas: “É preciso rectificar para non seguir torturando ás viguesas e aos vigueses con atascos e retencións”

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo pide rectificar o plan de tráfico despregado polo inicio do nadal ante o “caos circulatorio” que está a xerar na cidade. A fronte nacionalista cuestiona a insuficiente delimitación dos espazos peonís e que se apliquen as mesmas restricións ao tránsito en días laborábeis que na fin de semana.

“Estamos asistindo a un verdadeiro caos circulatorio, que ten o centro da cidade colapsado e que xera importantes dificultades para a mobilidade no conxunto da cidade”, denunciou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que instou ao Goberno municipal de Abel Caballero a deseñar con “racionalidade” un novo mapa de tráfico escoitando á veciñanza que leva xa moitos días a queixarse.

O edil nacionalista advertiu de que é o momento para modificar o plan ante a previsión de que este caos se agrave conforme se aproxime o período non lectivo a nivel escolar e das vacacións laborais. “É preciso rectificar para non seguir torturando ás viguesas e aos vigueses con atascos e retencións”, esixiu.

Igrexas asegurou que “non ten ningún sentido impoñer de maneira mecánica” as mesmas limitacións de tráfico en días laborábeis, con apenas afluencia de persoas nas zonas afectadas, que durante o remate da semana, provocando así retencións inxustificadas en numerosos puntos da cidade.

O candidato do BNG trasladou tamén a “preocupación” das nacionalistas polos riscos que supón a escasa delimitación dos espazos peonís que, na maioría dos casos, carece de perímetro de valados, como ocorre por exemplo na Avenida de García Barbón. Ademais, demandou máis efectivos da Policía Local e de Protección Civil ante a insuficiente presenza nos puntos de maior conxestión.

Deja una respuesta