Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo pide que la política de vivienda del Ayuntamiento no se reduzca a un «proyecto piloto»

  • A fronte nacionalista interpela o Goberno de Abel Caballero sobre o ‘proxecto piloto de intermediación para alugar vivendas sociais’, anunciado en 2023 após o tráxico incendio da rúa Afonso X e as persoas desaloxadas da rúa Fisterra, sen obter ningunha resposta

Xabier P. Igrexas: “Non pode ser unha medida puntual nin un xesto propagandístico, ten que ser o primeiro paso para despregar políticas que faciliten o acceso social á vivenda”

O Bloque Nacionalista Galego pide que a política de vivenda do Concello de Vigo non se reduza a un “proxecto piloto”. A fronte nacionalista vén de interpelar este luns o Goberno de Abel Caballero sobre o ‘proxecto piloto de intermediación para alugar vivendas sociais’ en Vigo, anunciado a finais de novembro de 2023 após o tráxico incendio da rúa Afonso X e as persoas desaloxadas da rúa Fisterra, sen obter ningunha resposta.

Así o denunciou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, despois de que o grupo nacionalista preguntara na Comisión Informativa de Política Social cal é o número de persoas beneficiarias deste proxecto piloto así como as previsións para ampliar e desenvolver esta medida que, a xuízo do Bloque, “debe converterse nun primeiro paso para que o Concello despregue políticas que faciliten o acceso social á vivenda”.

Igrexas advertiu de que este proxecto “non pode ser unha resposta puntual nin un xesto propagandístico”, motivado só pola necesidade de realoxar as familias que perderon as súas vivendas nas rúas Afonso X e Fisterra. Nese sentido, insistiu na urxencia de ofrecer alternativas dende o Concello diante dun contexto de “preocupante” aumento do empobrecemento, con 1 de cada 5 viguesas e vigueses en risco pobreza ou exclusión social, e cun mercado inmobiliario a prezos “absolutamente imposíbeis” para as clases populares e traballadoras, especialmente para as persoas e familias máis vulnerábeis.

O portavoz municipal do BNG defendeu que o Concello de Vigo “pode e debe” actuar para garantir o primeiro dereito da cidadanía que é o de poder habitar na propia cidade, tendo en conta que a día de hoxe o Goberno local conta cun orzamento anual de máis de 300 millóns de euros e acumula máis de 200 millóns en remanentes. 

Deja una respuesta