Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo pide los museos de la ciudad no vuelvan a la «oscuridad total» tras la Noche Blanca

Demandan que se aumenten os horarios de apertura da Rede Museística para garantir como mínimo 8 horas de luns a domingo

Xabier P. Igrexas: “Está moi ben que unha noite ao ano os museos abran as súas portas, pero as viguesas e vigueses merecen poder visitalos todos os días do ano”

Co gallo da celebración da Noite Branca, prevista para o día de hoxe, desde o Bloque Nacionalista Galego demandan unha rectificación nas políticas municipais para impulsar a Rede Museística de Vigo.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, valorou como “unha iniciativa moi positiva” as actividades da denominada Noite Branca. No entanto, alertou de que “o problema é que cando acabe a Noite Branca os museos de Vigo volverán á total escuridade, día e noite, por causa da nefasta política cultural do Goberno municipal de Abel Caballero”

Igrexas criticou as políticas culturais do Concello que provocaron que os museos de Vigo reciban agora a metade de visitantes que tiñan no ano 2011, por causa duns insuficientes horarios de apertura de apenas 2 ou 3 horas diarias nalgúns casos, e pola falla de impulso á súa actividade expositiva.

Así, lembrou que en 2022 o Museo de Arte Contemporáneo (Marco) recibiu menos de 50 mil visitantes, a metade dos que chegou a acadar, mentres o Museo de Castrelos non superou as 25 mil visitas e Pinacoteca tivo menos de 3 mil. No caso do Verbum, rexistrou menos de 14 mil visitas, das cales case 6 mil corresponderon a participantes da carreira Vig-Bay que pasaron polo museo a recoller o dorsal.

“Está moi ben que unha noite ao ano os museos abran as súas portas, pero as viguesas e vigueses merecen poder visitalos todos os días do ano. Por iso desde o Bloque Nacionalista Galego temos que reiterar a demanda de que se garantan como mínimo 8 horas de apertura, para todos os museos e espazos expositivos do Concello, de luns a domingo”, contrapuxo o portavoz municipal nacionalista.

Desde o BNG sinalan que os museos poden e deben ser un espazo para “avanzar na democratización do acceso á cultura”, permitindo ao pobo ter contacto coas diferentes manifestacións artísticas.

“Vigo é unha cidade cun enorme empurre cultural. Somos unha cidade creadora. Unha cidade de arte. E por iso temos que lamentar que a miope política do Goberno local que fixo avanzar a desertización cultural, teña os nosos museos na penumbra permanente”, remachou Igrexas.

Deja una respuesta