Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo pide a Caballero menos selfies con Vitrasa y más y mejor servicio de bus urbano

  • Denuncia que seguen sen facerse públicas as conclusións do ‘estudo sobre a demanda do transporte urbano colectivo’ cuxo prazo de entrega rematou en outubro de 2024
  • Volve reclamar explicacións polo aumento dun 90% no custo previsto na nova licitación

Xabier P. Igrexas: “Vigo merece un servizo de bus moderno, eficiente e plenamente público que dea alternativas reais e efectivas ao uso do vehículo privado”

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) volve reclamar “máis e mellor” autobús urbano en Vigo. A fronte nacionalista afea que o alcalde, Abel Caballero, presuma este martes de cinco novos vehículos para Vitrasa cando a cidade continúa con 250 frecuencias recortadas dende a pandemia e cun dos billetes de bus máis caros de todas as urbes do Estado, incluso coas bonificacións.

“Non hai posado fotográfico nin anuncio propagandístico que poida tapar a realidade de que a maior cidade de Galiza ten hoxe un peor servizo de autobús urbano que hai cinco anos”, censurou o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas. Un servizo que, volveu denunciar, non conecta adecuadamente o conxunto de barrios e parroquias, ten un mapa de liñas “obsoleto” e frecuencias “absolutamente insuficientes”.

Dende o Bloque reiteraron a oportunidade que ten a cidade, coa fin da concesión de Vitrasa, para contar cun servizo de bus á altura das necesidades da veciñanza. “Vigo merece un servizo de transporte urbano moderno, eficiente e plenamente público para avanzarmos cara a unha cidade máis habitábel e moito máis verde, dando alternativas reais e efectivas ao uso do vehículo privado”, demandou Igrexas.

Nese obxectivo, afirmou o portavoz municipal, o Bloque insiste en que “é o momento” de remunicipalizar o autobús de Vigo para que sexa un “verdadeiro servizo público” en lugar dun “grande negocio para uns poucos”. Chamou así a que o alcalde “deixe atrás os parches propagandísticos” e dea pasos para reforzar o servizo de bus. “Menos selfies con Vitrasa e máis e mellor bus urbano para as viguesas e vigueses”.

Sen noticias do estudo do bus

A fronte nacionalista volveu trasladar as súas dúbidas sobre a nova licitación do servizo de transporte colectivo, asegurando que a día de hoxe non se coñecen aínda as conclusións do ‘Estudo técnico sobre a demanda do transporte urbano colectivo’. Un informe contratado en novembro de 2023 por case 320.000 euros, e cuxo prazo de entrega finalizou en outubro do ano pasado.

Segundo anunciara o Goberno local, este estudo será a base para o deseño dos pregos da nova concesión e da actualización do mapa de liñas. No entanto, advertiu Igrexas, non hai constancia de que se teñan realizado ningunha das 4.000 enquisas en fogares e persoas usuarias contempladas na contratación.

O portavoz do BNG volveu esixir tamén explicacións do Goberno municipal polo aumento de case un 90% no custo previsto do servizo de bus urbano que, segundo se recolle no anuncio previo para a nova licitación, pasa dos actuais 24 a 45 millóns de euros. 

Deja una respuesta

Hide picture