Vigo, Galicia
General Vigo

El BNG de Vigo exige transparencia al Gobierno municipal delante de los cambios en el proyecto del túnel de Elduayen

  • A fronte nacionalista advirte de que se están a acometer modificacións sobre o proxecto orixinal licitado, mais sen detallar o alcance das mesmas nin os posíbeis custos.
  • Xabier P. Igrexas: “Trátase de que o goberno de Abel Caballero dea resposta á veciñanza; unha obra con tantos efectos na súa contorna merece unha explicación”.

O Bloque Nacionalista Galego vén de interpelar este venres o Goberno Municipal de Vigo para esixirlle transparencia sobre o proxecto de instalación dun túnel en Elduayen e a peonalización da Portal do Sol. A fronte nacionalista expresou a súa preocupación, compartida coa veciñanza e o comercio da contorna, diante do que parecen modificacións significativas nas obras de acceso ao túnel proxectado na rúa Elduayen.

“Trátase de que o goberno de Abel Caballero dea resposta á veciñanza, que o único que recibe é silencio diante das súas queixas e diante das súas peticións de información”, denunciou o concelleiro do BNG na cidade, Xabier P. Igrexas, que trasladou estas inquedanzas na Comisión Informativa de Fomento e Contratación, celebrada esta mesma semana, sen obter ningunha resposta.

Igrexas subliñou que, unha modificación relevante nun proxecto que foi sometido a licitación pública, pode supoñer unha alteración tamén dos gastos e do custo económico do proxecto e, por tanto, afectar á propia contratación.

“Unha obra tan importante, de tanto calado, con tantos efectos na súa contorna, merece unha explicación”, advertiu o portavoz municipal do BNG de Vigo. “Queremos que o goberno de Abel Caballero diga que quere cambiar, que se vai modificar do proxecto orixinal xa licitado”.

Deja una respuesta