Vigo, Galicia
General Uncategorized

El BNG de Vigo exige explicaciones de Caballero y del Psoe de Vigo por el escándalo de corrupción del alcalde pedáneo de Bembrive

A fronte nacionalista reclama que o presidente local dos socialistas, Abel Caballero, dea a cara ante a causa xudicial aberta contra Marcos Castro, designado como pedáneo co “patrocinio persoal” do alcalde de Vigo.

Xabier P. Igrexas: “Os 250 mil euros que o actual alcalde pedáneo tería adxudicado de maneira ilegal é case o equivalente á transferencia que o Concello de Vigo remite cada ano para o financiamento da Entidade Local Menor de Bembrive”.

O Bloque Nacionalista Galego vén de esixir explicacións ao PSOE polo escándalo de corrupción do alcalde pedáneo de Bembrive, Marcos Castro, para quen a Fiscalía pide 13 anos de inhabilitación por presunta prevaricación ao adxudicar a dedo 250 mil euros de diñeiro público para as festas da sidra dos anos 2019 e 2020. A fronte nacionalista reclama que o presidente local dos socialistas e alcalde de Vigo, Abel Caballero, dea a cara após ter avalado a designación de Castro e do anterior pedáneo, Roberto Ballesteros, sobre o que pesan varias sentenzas condenatorias por corrupción.

“Unha xestión nefasta, marcada polas irregularidades e as ilegalidades, que ten colocado ademais a Entidade Local Menor de Bembrive ao bordo da súa propia quebra”, denunciou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que recordou que o importe das adxudicacións investigadas pola xustiza equivalen á transferencia que o Concello de Vigo remite cada ano para o financiamento da Entidade.

Igrexas salientou que a veciñanza de Bembrive e de Vigo non merece estar asistindo a un “continuado ronsel de casos de corrupción e de xestión ilegal de diñeiro público por parte de dirixentes do PSOE”. Así, demandou que Caballero explique os motivos de ter apoiado e designado alcaldes pedáneos “con sombras moi graves” sobre a súa xestión.


“Xa non lle pedimos ao PSOE de Abel Caballero que actúe con exemplaridade ética, que sería o razoábel, senón que como mínimo non sigan actuando como alumnos avantaxados das peores prácticas caciquís e corruptas do PP”, remachou o edil nacionalista.

Deja una respuesta