Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo exige explicaciones a Caballero por el cierre “hasta nuevo aviso” de la Casa de la Juventud

A fronte nacionalista denuncia que este espazo, que leva varios anos sen apenas servizo nin actividade, apareceu pechado sen previo aviso de xeito similar ao sucedido coa clausura hai case unha década do Súbete o Castro

Xabier P. Igrexas: “O Goberno de Abel Caballero o único que lle ofrece á mocidade de Vigo é unha política de baixar a reixa, facendo desaparecer os proxectos xuvenís que colocaron a nosa cidade na vangarda”

O Bloque Nacionalista Galego esixe explicacións urxentes do Goberno de Abel Caballero polo peche “até novo aviso” da Casa da Xuventude de Vigo. A fronte nacionalista denuncia que este espazo, que leva varios anos sen apenas servizo nin actividade, apareceu clausurado sen previo aviso de xeito similar ao sucedido hai case unha década do Súbete o Castro, que nunca volveu reabrir as súas portas.

“Non podemos permitir que coa Casa da Xuventude suceda o mesmo”, advertiu o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, quen lamentou que o “único que lle ofrece o Goberno municipal á mocidade de Vigo é unha política de baixar a reixa, facendo desaparecer os proxectos xuvenís que colocaron a nosa cidade na vangarda”.

Igrexas enumerou as numerosas “iniciativas pioneiras e de éxito” desaparecidas nos últimos anos como as Noites Vivas, a Liga de Improvisación Teatral ou os Castroconcertos. No mesmo camiño, o Goberno de Abel Caballero clausurou sen motivo nin explicación o proxecto Súbete ó Castro e pouco despois pechou o Punto Xove. Unha política que continuou co intento de “reducir á mínima expresión” un espazo tan importante para a mocidade como Vigosónico, e agora co peche da Casa da Xuventude.

Espazos públicos de lecer alternativo

“Desde o BNG temos que esixirlle o alcalde que deixe de castigar ás mozas e mozos de Vigo, que merecen moito máis que uns poucos grandes concertos de verán”, demandou o portavoz nacionalista, reclamando máis espazos públicos de lecer alternativo.

Aliás, Igrexas reivindicou que a mocidade “necesita e merece” unha política xuvenil que garanta dende o Concello o seu dereito a emprender un proxecto de vida propio, con políticas que faciliten o acceso ao emprego e á vivenda, tal como leva anos pedindo o Bloque malia as reiteradas negativas do Goberno municipal. 

Deja una respuesta