- Acusa al Gobierno local y provincial de utilizar como «refines de su disputa partidista infantil por una foto» a 1.500 vecinos y vecinas que llevan llevan 42 meses con la instalación cerrada
- Xabier P. Iglesias: «No puede ser que decisiones caprichosas y teimas personalistas impidan un acuerdo necesario en favor de la ciudad y del barrio de Teis»
- La diputada del Bloque, Manuela Rodríguez, reclamó este viernes en la Diputación la firma
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de esixir este venres que a Deputación de Pontevedra asine hoxe mesmo o convenio para financiar a reforma da piscina de Teis. A fronte nacionalista acusa o Goberno local e provincial de utilizar como “reféns da súa disputa partidista infantil e estúpida” a 1.500 veciños e veciñas que levan leva 42 meses coa instalación pechada.
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, tachou de “farsa institucional” o intercambio de reproches das últimas semanas entre ambos gobernos pola sinatura dun acordo para que o ente provincial transfira 5 millóns ao Concello de Vigo. “A que espera a Goberno do PP? A ver se a súa candidata á alcaldía e vicepresidenta provincial, Luísa Sánchez, logra sacarse unha foto con Abel Caballero?”, cuestionou.
Igrexas afirmou que este “acordo tan necesario” para Vigo e para o barrio de Teis “non pode estar no aire por decisións caprichosas e teimas personalistas” e afeou que o PSOE e o PP volvan “xogar con recursos públicos que lle corresponden á cidade para alimentar a confrontación entre os seus partidos”.
Dende o Bloque trasladaron esta demanda na propia Deputación este venres a través da súa deputada, Manuela Rodríguez, quen reclamou aos populares que procedan a firmar de inmediato o convenio, despois de que o alcalde de Vigo anunciase que remitiu o documento rubricado de forma electrónica o pasado luns.
