Vigo, Galicia
General Vigo

El BNG de Vigo denuncia incidencias en las obras del túnel en Elduayen por la falta de control municipal

  • A fronte nacionalista alerta de que non se están a respeitar as medidas preventivas e de seguridade, de elevados niveis de ruído e de que xa se produciron golpes de maquinaria pesada contra varandas e fachadas de edificios catalogados.
  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, interpelou o Goberno municipal na Xerencia de Ur-banismo e urxiuno a actuar para vixiar o cumprimento da normativa e garantir a se-guridade de persoas e inmóbeis.
  • ¬NOVO PXOM: O BNG abstívose na votación na Xerencia de Urbanismo do novo planeamento e reclamou un proceso de exposición pública que permita a participa-ción real da veciñanza e do tecido asociativo.

O Bloque Nacionalista Galego trasladou esta mañá na Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo as queixas da veciñanza da rúa Elduayen a respeito das incidencias que se están a producir por causa das obras do túnel de Porta do Sol. A fronte nacionalista urxiu o Goberno municipal a supervisar as obras e garantir a seguridade para persoas e inmóbeis.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, interpelou o Goberno local durante a sesión ex-traordinaria do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decorrida esta mañá, a respeito das incidencias denunciadas pola veciñanza nas obras da rúa Elduayen.

Igrexas preguntou sobre as actuacións realizadas polo executivo municipal perante a falla de medi-das preventivas na delimitación do espazo valado polas obras, a inseguridade das sendas peonís que permiten o tránsito pola rúa, o mal estado das lonas de protección, a falla de iluminación e de limpeza a causa destas, así como os elevados niveis de ruído rexistrados e que vulnerarían a propia ordenanza municipal.

O portavoz municipal nacionalista considerou de “especial gravidade” a falla de proteccion de edifi-cios catalogados. “Xa se produciron varios golpes de maquinaria pesada e elementos da obra contra varandas e fachadas de edificios que deberan contar cunha especial protección polo seu valor pa-trimonial”, advertiu.

Por parte do Goberno, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, asegurou non ter coñece-mento deses feitos, a pesar de que foron formalmente trasladados por veviñanza afectada a través de escritos de queixa ao Concello, e limitouse a sinalar que daría traslado do asunto á área de Fomento.

“O descontrol é total nas obras do túnel. O desleixo e a falla de supervisión municipal son clamoro-sos. O que debera facer Abel Caballero é ir menos a fotografíarse no subsolo e dar instruccións

para poñer orde na superficie, garantindo a seguridade tanto das persoas que viven e transitan a rúa como dos propios inmóbeis”, esixe Igrexas.

¬NOVO PXOM: Abstención crítica do BNG na Xerencia

No debate e votación da proposta de aprobación inicial do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que motivou a realización da sesión extraordinaria de hoxe na Xerencia de Urbanismo, o BNG volveu criticar “o monólogo permanente e a opacidade” coa que o Goberno municipal está a xestionar a elaboración do novo planeamento.

“Non podemos aceptar que a elaboración dun documento estratéxico, que debera permitir definir o modelo de cidade que queremos no horizonte do ano 2050, poida facerse sen escoitar a ninguén, sen incorporar ningunha opinión diferente, sen ningún contraste. Despachar esta cuestión exer-cendo a maioría absoluta como un rodete suporá hipotecar case tres décadas da cidade”, criticou Pérez Igrexas.

Neste sentido, as nacionalistas reclamaron un proceso de exposición pública que permita a “parti-cipación efectiva” da veciñanza, do tecido asociativo e dos diferentes axentes que interveñen no ámbito urbanístico. “A exposición pública non pode ser un paripé nin un trámite burocrático. O Go-berno ten a oportunidade de rectificar o escurantismo e brindar espazos para construír un PXOM de toda a cidade, e non só do PSOE, e para toda a cidade”, explicou.

O voto do BNG foi unha abstención “crítica” e Igrexas anuncia que utilizarán o proceso de alegacións para contribuír, con propostas en positivo, a mellorar a proposta de novo PXOM para colocalo ao servizo dos intereses da cidadanía, e apostando por un Vigo máis sustentábel ambientalmente, ordenado, racional, mellor vertebrado e conectado territorialmente e con maior calidade de vida, garantindo o acceso social á vivenda das clases populares e traballadoras.

Deja una respuesta