Vigo, Galicia
Política Vigo

El BNG de Vigo demanda participación directa de las entidades en el diseño del Centro de Asociacionismo

A fronte nacionalista pide que sexa “un espazo das asociacións e non só para as asociacións” e conte con servizos para non reducilo a un “estético contedor sen contido”

Xabier P. Igrexas: “A Xunta non pode deseñar un Centro de Asociacionismo desde os despachos sen contar co propio tecido asociativo”

O Bloque Nacionalista Galego demanda a participación directa das entidades no deseño do Centro de Asociacionismo anunciado pola Xunta de Galiza nos antigos xulgados de Vigo. A fronte nacionalista pide que sexa “un espazo das asociacións e non só para as asociacións” e que conte con servizos para que non quede reducido a un “estético contedor sen contido”.

“O BNG queremos poñer o foco na orientación deste centro que non pode ser só unha vistosa infografía”, subliñou o concelleiro e candidato nacionalista á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, após a confirmación de que o deseño arquitectónico será realizado por Alfonso Penela, tras máis dun ano de anuncios “intermitentes” por parte do Goberno galego.

Igrexas reclamou así que as asociacións e as entidades de Vigo teñan voz e poder de decisión de cara ao deseño tanto dos espazos como das prestacións e servizos desta infraestrutura.“Non se pode deseñar un Centro de Asociacionismo desde os despachos sen contar co propio tecido asociativo”, advertiu.

O candidato do BNG trasladou algunhas propostas concretas, froito de diferentes encontros mantidos pola fronte nacionalista con asociacións veciñais, culturais, deportivas, ANPAs, entre outras, na que recolleron as súas necesidades e demandas. Destacou así a necesidade de que este espazo aposte por un modelo de autoxestión, contando coas propias asociacións como parte da dirección do Centro.

Servizos para apoiar ás asociacións

Desde o Bloque demandaron tamén que poñan en marcha servizos para “apoiar e potenciar” a actividades das asociacións, como servizos de apoio técnico e de xestión administrativa, de captación de financiamento e subvencións, de asesoramento legal, comunicación e de reprografía. Sobre os espazos deste Centro, chamou a orientar o deseño cara a funcionalidade. “Non só queremos espazos arquitectonicamente bonitos nin unha colmea de despachos, senón espazos útiles para a actividade das asociacións”, insistiu Igrexas.

Nese sentido, o edil nacionalista pediu que se dote de salas polivalentes, un centro de documentación e dependencias para almacenaxe, ademais dos locais para as entidades e do anunciado auditorio. E na mesma liña demandou que se habilite un espazo para a realización de actividades ao aire libre na contorna exterior do Centro.

“O BNG non queremos que o proxecto do Centro de Asociacionismo de Vigo quede reducido a un anuncio ou a unha promesa a poucos días das eleccións municipais”, remachou o portavoz municipal do Bloque, que asegurou que a “única garantía” para iso é que “deixe de ser un anuncio da Delegada da Xunta e candidata do PP e pase a ser un proxecto do propio tecido asociativo da nosa cidade”.

Deja una respuesta